Ramón Vilar Landeira, Premio de Xornalismo Manuel Lueiro Rey

Ramón Vilar.   | // BERNABÉ/J. LALÍN

Ramón Vilar. | // BERNABÉ/J. LALÍN

REDACCIÓN

O escritor e xornalista Ramón Vilar Landeira (Rodís, Cerceda, 1973) gañou o VII Premio de Xornalismo Manuel Lueiro Rey cun artigo no que, a través da tenrura e humor, propón unha reflexión sobre o valor das persoas maiores na nosa sociedade. “A veciña do segundo” acadando a unanimidade do xurado. Vilar traballou en FARO DE VIGO e dirixiu o diario dixital “Vieiros”. O premio entregarase o vindeiro 23 de xuño ás 12 horas no Multiusos de Fornelos de Montes, cuxo Concello concede o galardón.