Tanxugueiras e O Son do Camiño reinan no máis destacado da cultura galega

Xestores culturais sitúan tamén nos primeiros postos “O corno” e o poemario “Materia”

Tanxugueiras, no concerto no Coliseum.   | // CASTELEIRO

Tanxugueiras, no concerto no Coliseum. | // CASTELEIRO / m.mato

Mar Mato

Mar Mato

Que foi o máis destacado da cultura galega en 2023 segundo os seus xestores? Esta pregunta é tamén o título dun documento de traballo realizado a cargo do Consello da Cultura Galega. Nel como eventos e accións culturais máis salientables do pasado ano sitúan o concerto no Coliseum das Tanxugueiras e O Son do Camiño.

Como terceiro, foi votado o filme “O corno”, de Jaione Camborda; mentres que cuarto resultou o poemaio “Materia”, de Yolanda Castaño, co que gañou o Premio Nacional de Poesía. No quinto lugar, situouse a película “As bestas”, de Sorogoyen.

Como sexto, atopamos os eventos culturais do Camiño de Santiago; e de séptima, a programación da Cidade da Cultura.

Séguenlle os festivais de música en xeral (oitavos); o éxito do cinema ou audiovisual galego (noveno) e o Culturgal (décimo).

Xa máis abaixo na listaxe, atopámonos con outra película en galego que colleitou moi boas críticas e unha grande reacción en Galicia e fóra do país: “Matria”, do director vigués Álvaro Gago que lle deu o premio á mellor actriz a María Vázquez, optando tamén a dous premios Goya.

No posto 12, resultaron as festas, romarías e verbenas; mentres que Paula Carballeira, no 13 quedou, polo Premio Nacional de Literatura Dramática con “As alumnas”.

Tracking Pixel Contents