Galicia está lixeiramente por debaixo da media española en lectura
A porcentaxe de lectores é do 60%: un terzo da poboación nunca abre un libro
alba prada
Galicia mantén máis ou menos estables os seus niveis de lectura con relación ao ano anterior. Así se pode deducir do Barómetro de Hábitos de Lectura y Compra de Libros en España 2023, que se presentou onte na Biblioteca Nacional de España. En concreto, a nosa comunidade atópase lixeiramente por debaixo da media de lectura nacional (64,1%), entre a media e o 60%, xunto con outras comunidades como Asturias, Comunidade Valenciana, Baleares, Cantabria e Castela e León. Só seis están por riba da media: Madrid (73,5 %), Cataluña (68,2 %), Navarra (68,1 %), País Vasco (67,8 %) La Rioja (66,6 %) e Aragón (64,3 %). E por debaixo están Murcia, Andalucía, Castela-A Mancha, Canarias e Extremadura.
A nivel nacional os índices de lectura mantéñense estables, pero un terzo da poboación non le nunca. E é que “hay más de un tozudo tercio de españoles que jamás abre un libro, el mismo que jamás entra en una biblioteca o visita un museo”, recalcou o presidente da Federación de Gremios de Editores de España (FGEE), Daniel Fernández, que destacou que esta desigualdade lectora acaba provocando diferenzas sociais. Tamén asegurou que a sociedade española “ten un problema na educación secundaria”, cando se tende a deixar a lectura pola irrupción dos teléfonos móbiles.
Valoracións
O académico, profesor e crítico literario Darío Villanueva, non considera un dato estraño que haxa un terzo de españois que non len. “Coa experiencia doutras estadísticas nosas de anos anteriores, teño que dicir que si é certo que só un terzo non le nunca, o dato non me parece tan negativo”, di.
A poeta Yolanda Castaño considera que en Galicia “aínda hai moito que facer” no que a lectura se refire, pero que non é un dato negativo. “Botando unha ollada xeral ao estado español a miña percepción é que hai comunidades que len menos, e en Galicia ademais hai certa cultura escrita, en sentido xeral”, di. “Hai que celebrar manternos un pouco na liña”, considera.
- Hacienda lanza un aviso: queda prohibido seguir pagando en efectivo estas cantidades a partir de ahora, aunque sea fraccionado
- Una inspección en una cafetería viguesa por quejas vecinales termina con la incautación de droga a clientes
- Familias de víctimas del franquismo urgen al fiscal general a «revertir la infamia» de los miles de desaparecidos que siguen en fosas y cunetas
- No es Cudillero, pero casi: el pueblo marinero más bonito de España está en Galicia y no, no es Combarro
- Si tengo el ácido úrico alto, ¿qué debo comer, y que no, para bajarlo rápidamente?
- Un concejal de Lalín que paseaba a sus cabras rescata a un gavilán atrapado en una alambrada
- Se queda dormido y toma de frente la rotonda del Mercadona
- Se estampa contra un muro en Cangas al huir tras un control de alcoholemia