“Infinitas posibilidades” é o lema da VIII edición da xornada ‘Inside the Lab’, que se celebrou onte no Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS) da Universidade de Santiago (USC) e que pretende mostrar ao público o avance no desenvolvemento de tecnoloxías co uso de Intelixencia Artificial (IA).
Unha destas iniciativas conxuga realidade virtual e minaría de procesos para a rehabilitación de pacientes, unha aplicación polo de agora centrada nas pacientes con cancro de mama. “Estas pacientes recibe quimioterapia, radioterapia e tamén, en moitos casos, realízanlles mastectomías”, explica Manuel Lama, investigador sénior do CiTIUS. A rehabilitación dos pacientes a través de actividades físicas é o que está a explorar este equipo a día de hoxe e faino en varias disciplinas.