Lourenzo Fernández rescata a memoria silenciada no seu ingreso na RAG

Recuperou no discurso o enfrontamento entre Cela e Paz Andrade

Lourenzo Fernández. |  // RAG

Lourenzo Fernández. | // RAG / REDACCIÓN

REDACCIÓN

O catedrático de Historia Contemporánea Lourenzo Fernández Prieto xa é membro de número da Real Academia Galega (RAG) tralo seu ingreso onte. O historiador artellou o seu discurso de ingreso “arredor dun lance entre Paz-Andrade e Camilo José Cela que permite entender o esquecemento que existía, na Galicia de 1977, respecto da tradición republicana e da política autonomista”, sinalou a entidade nunha nota.

“Este enfrontamento –engade a RAG– chegou ao coñecemento do novo académico a través dun cartafol no que Darío Álvarez Blázquez xuntara retallos de prensa da época que dan conta do episodio”.

Nas vésperas da xuntanza da Asemblea de Parlamentarios de Galicia, cando Paz-Andrade era senador pola Candidatura Democrática Galega e opinou sobre a reclamación do Estatuto de Autonomía na reunión que se ía celebrar o 4 de xullo, e sobre a súa lexitimidade.

Andrade opinou sobre os senadores reais sinalando que algúns contactados pola Casa Real para seren designadospor esta preferiran someterse á elección popular democrática.

Cela saíulle ao paso cunha réplica na prensa de xeito navalleiro descualificándoo. Chegou a afirmar que o xurista e empresario –un dos impulsores de Pescanova– pertencía á “prehistoria política de Galicia”, chegándoo a calificar de “Pez Paz”, pescadero mayor del Régimen” e a acusalo de desprender cheiro a “aroma de pescadilla”. Paz-Andrade respondeu co silencio mentres que Eduardo Blanco Amor e Isaac Díaz Pardo saíron na súa defensa na prensa.

Para Fernández, o ataque tiña un sentido político: discutir a lexitimidade dunha figura, a de Paz-Andrade, que representaba a memoria da República.