Gadis celebrará este ano o Día das Letras Galegas coa edición dun fanzine titulado “Tirabeque”,que reúne a obra de doce artistas que apostan pola banda deseñada e a ilustración como a linguaxe máis actual nunha sociedade impregnada pola cultura visual. A cadea agasallará aos seus clientes con 30.000 exemplares de “Tirabeque”, ata fin de existencias, o próximo martes 16 de maio.

Ese mesmo día, repartirá 30.000 marcapáxinas en galego, nos que se rende homenaxe a Francisco Fernández del Riego. Ademáis, a empresa lanzará un concurso de vídeos creativos en TikTok este verán, no que se premiarán as mellores pezas en arte, música, audiovisual e poesía.