O CCG presenta unha edición fascimilar de “Na espera do amigo” de Del Riego
Trátase dunha “obra singular” que amosa o vínculo do homenaxeado deste ano no Día das Letras Galegas coas artes plásticas, segundo afirma Rosario Álvarez

Empezando pola dereita, Víctor Freixanes, Rosario Álvarez, Manuel Puga, Carlos L. Bernárdez, Beatriz Liz de Cea e Román Pereiro, onte na presentación na Casa Galega da Cultura en Vigo. / ALBA VILLAR
Redacción
O Consello da Cultura Galega (CCG) presentou onte a edición fascimilar de “Na espera do amigo”, de Francisco Fernández del Riego, escritor ó que se adica este ano o Día das Letras Galegas. Trátase dunha “obra singular porque é unha rarísima incursión de Fernández del Riego na creación; porque foi un proxecto vangardista no seu momento, que forneceu de novos formatos para a cultura galega, e tamén porque amosa ese vínculo coas artes plásticas”, explicou Rosario Álvarez, presidenta do CCG, na presentación que tivo lugar onte na Casa Galega da Cultura en Vigo. En dito acto estivo acompañada por Román Pereiro, responsable da primeira edición da obra de Del Riego; Manuel Puga, presidente da Fundación Penzol; e de Víctor Freixanes, presidente da Real Academia Galega.
Ceferino de BlasEl año de Fernández del Riego
Na presentación de onte falouse do papel decisivo de Francisco Fernández del Riego na festa cultural do Día das Letras galegas. Por iso, no ano en que se cumpren 60 edicións desta festividade, quixo a casualidade que fose el, don Paco, a persoa homenaxeada, polo que a edición da obra elexida polo Consello da Cultura Galega ten un carácter especial. “Foi unha testemuña de excepción e un axente indispensable dos principais acontecementos que marcan a singradura de Galicia ao longo do século XX”, subliña Rosario Álvarez. Participou en institucións, botou a andar proxectos ambiciosos, fomentou a reagrupación dos que foron compañeiros algún día, foi unha ponte entre xeracións e un eficaz “embaixador entre a Galicia da Terra e a Galicia do exilio e da emigración”, engade.
Deste xeito, o Consello da Cultura Galega saco ao prelo unha edición facsimilar comentada dun texto que recolle a personalidade emprendedora, vangardística e unha vocación artística de Francisco Fernández del Riego. “Na espera de amigo” era un dos exemplares da Edición Aguatinta (Vigo, 1994) coa que contribuía ao lanzamento dunha editora emerxente. A obra orixinal contaba cunha serigrafía de Laxeiro a dúas cores para ilustralo, o que recolle ese interese polas artes plásticas que sempre caracterizou a Del Riego.
“É una obra de mocidade, que se sustenta sobre a amizade e a esperanza, sobre as promesas do amigo e logo no desgarro que produce o abandono da casa”, di Álvarez. “É un conto triste da emigración, dun home que fracasou e que está lonxe da imaxe que se publicaba sobre a emigración”, apunta Román Pereiro, quen lembrou como foi a xénese deste proxecto editorial que chegou a publicar 16 libros.

O fascímil de "Na espera do amigo", presentada ayer en Vigo. / ALBA VILLAR
A edición facsimilar do CCG de 500 exemplares numerados está acompañada de catro textos complementarios e unha introdución a cargo da presidenta, Rosario Álvarez. Román Pereiro Alfonso explica o nacemento do proxecto que posibilitou esta obra en Edicións Aguatinta. O filólogo Xosé López González fai unha análise literaria do texto e sitúao na produción narrativa. O ensaísta e crítico literario Carlos L. Bernárdez sitúa a obra no contexto cultural posterior á Segunda Guerra Mundial e, máis concretamente, nos ambientes artísticos do Vigo das décadas centrais do século. No seu artigo afonda na boa relación entre escritores e pintores, que ben se recolle neste libro. Por último, a historiadora de arte Beatriz Liz de Cea incide na relación persoal que Del Riego mantivo con Laxeiro, que xorde nos seus tempos de estudantes en Santiago.
Por outra banda, na presentación da publicación, a presidenta do consello da Cultura Galega, lembrou que a institución volverá a Vigo o vindeiro día 16, na véspera do Día das Letras Galegas, para lembrar a Francisco Fernández del Riego. Será a décimo terceira edición do Concerto das Letras Galegas, que terá lugar no teatro Afundación, e cuxas entradas xa se poden retirar en Ataquilla.com.
A programación deseñada polo CCG para esta edición do Día das Letras Galegas buscaba recoñecer tanto a faceta poliédrica de Francisco Fernández del Riego como o seu inesgotable traballo en prol da cultura do país.

Asistentes a la presentación, ayer. / ALBA VILLAR
Ademáis dos actos xa programados, o CCG realizará actividades máis alá do mes de maio. En novembro organizará na localidade de nacemento do homenaxeado, Lourenzá, unha mesa redonda sobre as relacións de Fernández del Riego coa emigración galega e o seu papel como colaborador nas publicacións da colectividade galega en América.

Un intre da presentación do documental. / JOSE LORES
O colexio Xesuitinas Miralba de Vigo estreou onte o documental “Don Paco, un dos nosos” sobre a figura do escritor Francisco Fernández del Riego. Este traballo foi producido por profesores e alumnos do colexio, no que foi profesora a irmá de Don Paco, Ana María, e conta con entrevistas a personalidades que repasan a vida e obra do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas.
Suscríbete para seguir leyendo
- «Premios» contra el absentismo: la industria gallega pacta pluses de 2 euros al día o 700 al año por no faltar al trabajo
- Rescatan a un niño de 5 años que se estaba ahogando en una piscina del balneario de Mondariz
- Vecinos de Ons paralizan los primeros desembarcos del día en protesta por no poder celebrar su fiesta
- Estabilizado el incendio en Moaña junto a la Autovía do Morrazo, en cuya extinción participan dos avionetas, un helicóptero y numerosos medios terrestres
- Cangas multará de forma directa y sin actuar subsidiariamente a los propietarios de fincas sin limpiar que sean reincidentes
- Paco y Carmen, el matrimonio centenario de Nigrán que murió en unos días
- De una valla de ocho metros al «sí, quiero»: Patricia y Rubén ya son marido y mujer
- Tres centenarios al mes pasan por los quirófanos del Chuvi, nueve veces más que hace una década