Hasta 64% DTO Suscríbete Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Francisco Calo Lourido Historiador

“Foron inventando unha historia de España con desfachatez”

“O primeiro reino xermano de Europa foi na Gallaecia e foi silenciado porque estorbaba para a construción historiográfica de España”, critica o investigador e autor de “A historia de España baseouse en falacias”

Francisco Calo. F.C.

Hispania nunca foi unha provincia romana. En Gallaecia asentouse o primeiro reino xermánico de Europa. Os Reis Católicos non unificaron o reino de España e esta palabra nin sequera naceu na Península senón na Occitania francesa empezando a empregarse aquí no século XIII. Viriato non foi un heroe español, El Cid non sempre comungaba coa causa cristiá e deberiamos dicir Alfonso IX o Sabio e non Alfonso X. A Renconquista tampouco foi unha loita sen cuartel contra os musulmáns. Son algunhas das pistas do libro “A historia de España baseouse en falacias” (Xerais). Nel, o historiador pontevedrés Francisco Calo Lourido sinala: “Cando a historia se conta de xeito parcial, o que se fai é calquera cousa menos ciencia”.

–Vostede comeza falando de España e da dificultade para moita xente de verbalizar a devandita palabra preferindo Estado español ou Estado. Sinala que é un produto negativo da Transición.

–Non teño dúbida ningunha que un dos grandes fallos da chamada Transición consistiu en que non foi unha ruptura. Todo quedou atado como querían os franquistas. A moita xente séguenos producindo unha situación incómoda cando vemos a bandeira de España así como cando escoitamos o himno. Ti que es nova pensarás por que. Ten unha explicación. Porque vivín a miña xuventude e madurez baixo a ditadura e esa era a bandeira de Franco e o himno de Franco. Recordo os paus que recibín. Se daquela tivesen a idea de poñer outra bandeira, non digo a tricolor senón outra, e outro himno creo que todos aceptariamos España doutra maneira.

"A historia de España baseouse en falacias" foi editado por Xerais.

"A historia de España baseouse en falacias" foi editado por Xerais. FdV

–A palabra España nin sequera naceu aquí senón na Occitania.

–España é unha palabra occitana que se empezou a utilizar no século XI para referirse aos de aquí e no século XIII empezou a utilizarse aquí. Tamén falo no libro de como os portugueses chegaron a reclamar no Tratado de Utrecht no 1713 que Castela non se apropiara do nome España. Dicían que Portugal tamén era España. Esa palabra englobaba a todos [os da Península] desde o punto de vista xeográfico.

–Teño visto escritos de finais do século XVIII de pagos en maravedíes que sinalan aínda Reino de Galicia naquela altura.

–Si, ata avanzado o século XIX seguía funcionando o do Reino de Galicia. Posiblemente, tampouco me atrevo a aseguralo, ata chegar a Amadeo de Saboya ningún rei se fixo chamar rei de España. Nin sequera no XVIII ou inicios do XIX. Eran rei de Castela, rei de Aragón... Non tiñan asumido o de rei de España.

"Había que ocultar o noso reino medieval de Galicia sempre"

decoration

No libro fala da Gallaecia como a entidade de maior antigüedade das comunidades de España.

–Ese é outro dos fallos da historia de España. Dicíase que España era unha desde Roma porque a convertiran nunha provincia. Hispania nunca foi unha provincia romana. Os romanos entran no 218 a.C. e comezan a facer divisións provinciais. No século IV hai media ducia, entre elas, Gallaecia. No século II a.C. Décimo Xuño Bruto derrotou aos galaicos e estes aparecen nun documento pétreo na Anatolia, en Turquía. A única conquista da Península ibérica que figura alí é Gallaecia que era máis amplia que a Galicia actual xa que chegaba ata Segovia. Non aparece nin a bética nin a tarraconense nese documento de pedra en Turquía. Recalco existía Gallaecia, non Galicia, que ninguén me malinterprete.

–Nesa provincia de Gallaecia foi onde se instaurou o primeiro reino xermano de Europa, algo silenciado durante moito tempo.

–Algúns libros de historia de Galicia din que Galicia foi o primeiro reino xermano de Europa. Non é así. Hai que dicir que na provincia romana de Gallaecia foi onde se instaurou un reino suevo que foi o primeiro reino xermano de Europa.

Exposición de bandeiras de España no Museo Histórico Militar. VÍCTOR ECHAVE

–Por que foi silenciado?

Porque estorbaba para a construción historiográfica de España. Cando no século XIX nacen as nacións, hai que facerlle un currículo, unha historia á nación. Quixeron contar cousas que se non había, inventándoas. A historia que se fixo en España a partir do XIX foi unha historia moi lineal, inventando unha historia medieval.

–Había que ocultar o noso reino medieval de Galicia sempre. Interesáballes resaltar o reino de Asturias que dá lugar ao de León que á súa vez dá lugar ao de Castela e esta é a encargada de forxar a España actual, segundo eles.

–Pero vostede sinala no libro que todo iso son mentiras, como perviviron tanto tempo?

–Interesaba que todo o mundo desde neno aprendese esa outra historia así que foron inventándoa con desfachatez. Un exemplo, a batalla de Navas de Tolosa no 1212. Segundo os libros loitou alí toda España e Portugal e mesmo viñeron de Francia. A verdade é que Castela loitou, viñeron algúns de Francia, León negouse a ir. Quen gobernaba en León? Chamábase Afonso VIII. Quen gobernaba en Castela? Outro Alfonso VIII. Que fixeron algúns historiadores? Puxeron que o rei de León naquela altura era Afonso IX. Por iso, o seguinte Afonso que vén é Alfonso X El Sabio pero no século XIX hai libros que lle chaman Alfonso el Nono, o noveno. Hai moitas chafalladas na historia de España. Por exemplo, os Reis Católicos non lograron a unificación e creo que nunca lles interesou.

"Todo o mundo ten unha idea de nación e se non lle dis o mesmo cabréase"

decoration

Hai xente que dubida de que estiveran os celtas.

–É un tema complicadísimo. Cando escribín o libro “Celtas, unha revisión desde Galicia” expliquei todo o relacionado cos celtas europeos. Cústame traballo falar dese tema. Prometinme non falar nunca máis de celtas nin de nación porque todo o mundo ten unha idea e se non lle dis o mesmo cabréase. Eu falo cientificamente. Cando excavei o castro de Baroña e alguén me preguntaba se era un castro celta eu preguntáballe que entendía por celta. Se entendía celta por xente que falaba unha lingua céltica entón podo dicir que aquí dá a impresión de que non houbo nada en absoluto. Proba é que os países célticos son os que manteñen unha lingua céltica, Bretaña, Gales... mentres que en Galicia temos unha lingua románica. A cultura castrexa non é celta para min. Por iso, hai xente que me ataca.Co termo nación, pasa o mesmo. Se ti dis que Galicia non é unha nación porque lle falta isto e aquilo xa es un inimigo.

Chama a atención o que escribe sobre Viriato. Sinala que é absurdo estudalo como heroe español cando era lusitano. De feito, é considerado heroe en Portugal.

–É absurdo porque cando eu era rapaz tiña que estudar que era un heroe lusitano-español. En que quedamos? Lusitano ou español? O que non era era español porque daquela non había españois. Todos os que vivían na Península eran hispanos. Hispania era un nome xeográfico [para toda a Península]. El seguramente vivía pola Serra da Estrela, á altura de Coimbra.

Compartir el artículo

stats