Música e lírica para o 186 aniversario de Rosalía

Homenaxe a Rosalía en Compostela.   | // XUNTA

Homenaxe a Rosalía en Compostela. | // XUNTA / REDACCIÓN

REDACCIÓN

A Fundación Rosalía de Castro e a Xunta conmemoraron onte o 186 aniversario do nacemento da poeta galega.

Os actos comezaron coa lectura de poemas da autora no Instituto Camilo José Cela de Padrón. Despois, tivo lugar unha ofrenda floral á autora na praza de Vigo de Compostela con música dos Carapaus. Alí, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, expresaron unhas palabras.

Xa no Hostal dos Reis Católicos, houbo lectura de poemas así como do limiar de “Follas Novas” a cargo de persoeiros como o presidente da RAG, Victor Freixanes, e a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez.