Guillermo Monroy, fundador de Atlántica, xa ten o seu libro coa súa historia e obra

A obra foi presentada en Sirvent, onde permanece unha mostra do artista

O libro “Publicación”.

O libro “Publicación”. / Redacción

Redacción

Son moitas as voces que sinalan que o movemento artístico Atlántica se xestou no estudio de Guillermo Monroy (Vigo, 1954-1982). Outras tantas resaltan que a pesares de falecer moi novo era un pintor “cunha obra perfectamente ensamblada”. Por todo isto, onte presentouse un libro na súa memoria, “Publicación”, na que críticos, artistas e especialistas en arte recuperan o seu legado.

O acto tivo lugar onte no espazo Sirvent, en Vigo, coa participación de Suso Vázquez, Cibrán Rico, Jorge Varela e Ángel Cerviño. Este último explicaba onte que a edición do libro serve “case de remate da exposición que sobre Guillermo Monroy temos aberta en Sirvent ata o día 12”.

“A idea, engade, é dar unha visión contemporánea de Monroy. Ao morrer tan novo, a súa obra quedou ensombrencida e tratamos de rescatala e poñela en valor”.

Cerviño tamén subliña que o libro presenta “un deseño moi traballado, realizado polo estudio compostelán Fabulatorio. Queriamos unha publicación singular. Recolle son obras da exposición en Sirvent, e que se atopan nalgunhas das máis importantes coleccións de Galicia como son as do CGAC. o Museo de Pontevedra, o Museo de Castrelos...”.

O libro está a venda en Sirvent e pronto tamén se atopará nas tendas dos museo MARCO e Centro Galego de Arte Contemporáneo de Compostela.