José Gil, o pioneiro do cinema galego xa ten libro
O pai do Novo Cinema Galego rescata a vida e obra do autor do primeiro filme de ficción na Galicia, José Gil, orixinario de As Neves e que desenvolveu a súa arte en Vigo

Retrato de José Gil no 1928. Gil, nunha rodaxe a un médico en Mondariz en 1925. / M.GONZÁLEZ-GALAXIA

O cinema galego que agora se pode ver en festivais como Cannes, na Berlinale ou Locarno e en salas estranxeiras ten a súa épica histórica e se tiveramos que cantar as fazañas dos seus pioneiros deberiamos comezar por José Gil, un home de Rubiós, As Neves (Pontevedra), que naceu en 1870 –o mesmo ano no que ‘descubriron’ o Balneario de Mondariz– e que ademais de ser fotógrafo realizou 150 películas, entre as que figura “Miss Ledya”, o primeiro filme de ficción en galego coñecido ata o momento.
Nos últimos 20 anos levamos sabido detalles del e da súa obra, tras achádegos inesperados de cintas de cinema mesmo en faiados, aínda que só conservamos sete das súas películas.
Agora unha das figuras que máis ten contribuído ao nacemento do Novo Cinema Galego, Manolo González –creador da Axencia Audiovisual Galega, entidade da Xunta que comezou a dar axudas a creadores de cinema pola calidade das súas ideas–, dá o paso que se levaba agardando dende hai anos: a publicación dun libro sobre o pioneiro: “Nos días encantados de agosto. Unha biografía de José Gil” (Galaxia).

O pioneiro do cinema galego xa ten lib / mar mato
O obra preséntase hoxe en Vigo na Casa do Libro coa presenza de Manolo González, o director de cine Ignacio Vilar, a cineasta Xisela Franco e o realizador Miguel A. Romero.
Narra González no volume que leva dende 1986 cruzándose con información sobre Gil, un home que chegou a ter estudo fotográfico na rúa Carral de Vigo e que estivo vencellado á familia tamén de fotógrafos Sarabia.
Relata no inicio do libro que foi nunha visita a Ponteareas para buscar información de cinemas antigos cando atopou o Royalti e a unha muller, Maruxa, que lle contou a historia de como José Gil e a súa dona visionaban coa veciñanza as películas que el gravara das súas fillas, falecidas aos 18 anos.
“Un home que visionaba unha e outra vez películas das súas fillas mortas nunha vila galega en 1924 deixaba toda unha promesa de historia”, escribe Manolo González, quen coñeceu que ademais no cemiterio de Pereiró na urbe olívica atópanse as esculturas que Gil mandou realizar a Asorey para retratar a morte das súas tres fillas e que se poden ver á entrada do camposanto.
Ao longo das 466 páxinas imos acompañando a Manolo nunha especie de ‘road movie literaria’ á procura da vida e obra de José Gil, incluíndo fotografías do seu periplo vital. Como ben sinala: “As páxinas que seguen só pretenden ser un tributo á súa figura”, tras máis de 50 horas de entrevistas.
González deixa claro que “Gil amaba o cinema por riba de todas as cousas e pagouno coa vida e a ruína total na que finou. Durante 25 anos estivo ao pé do canón, filmando incombustible”.
Foi Gil quen decidiu impulsar a cinematografía rexional galega inda que, como lamenta o autor do libro, “non fora suficientemente comprendido polos seus contemporáneos”. Nos nosos tempos, as súas proezas, quedan esboroadas. “Aínda hoxe segue a ser un gran descoñecido no tecido audiovisual galego”, critica o estudoso.
Gil era fillo dunha familia de xornaleiros agrarios de As Neves, inda que seu pai acabou sendo Garda Civil. Relata o libro que o noso protagonista foi un neno solitario cunha figura paterna autoritaria e coa que case conviviu.

Gil amosa as primeiras probas de Vida Gallega. Vida gallega Nº 1 1909 / M.G.
José Gil conseguiría acabar traballando no Grande Hotel do Balneario de Mondariz onde González cre que entrou en contacto con retratistas que lle acenderon o interese pola fotografía.
Ao redor de 1896, con 26 anos, xa tiña a súa marca, La Afición Artística, coa que facía fotos. Pouco despois coñecería a súa muller, Trinidade, da familia Sarabia de fotógrafos e o amor nacería.
Tamén no 1896 nacería o cinema en Galicia nunha presentación en A Coruña para despois iniciar unha xira polo resto de Galicia.
O novo matrimonio iría traballar a Ourense, primeiro, e despois a Vigo onde abriría estudo na rúa Carral gañando un concurso no 1908 do comercio máis popular de Vigo: Fotografía Gil. Pouco a pouco converteríase tamén en reporteiro gráfico de xornais e revistas como “Vida gallega”.

Retrato de José Gil no 1928. Gil, nunha rodaxe a un médico en Mondariz en 1925. | // M.GONZÁLEZ-GALAXIA / mar mato
En Vigo, comezou a proxectar imaxes de foto fixa para mercar no 1909 unha cámara de cinema Gaumont de manivela coa que rodaría a que foi a súa primeira película: “Excursión viguesa a Santiago”.
Pouco a pouco iría desenvolvendo un modelo de negocio con altos e baixos para consolidalo como o pioneiro do cinema galego tras gravar tamén “La industria pesquera en Galicia” e ser protagonista realizador do cinema por correspondencia, filmes que se enviaban as familias de ambos os dous lados do Atlántico. A súa historia proseguiría coa firma “Galicia Cinegráfica” que feriu de morte o cinema sonoro.
Suscríbete para seguir leyendo
- Un grupo de turistas se monta un picnic bajo las luces de la Navidad de Vigo
- Encuentran el cadáver de la mujer desaparecida en Lalín
- Más de cien vigueses alquilan su coche particular para conseguir un ingreso extra
- Las excavaciones arqueológicas descubren la puerta de acceso a la torre medieval de Meira
- Desaparecida en Lalín una mujer de 58 años que padece alzhéimer
- Gadis abrirá un supermercado de casi 2.000 m2 en Policarpo Sanz
- La Firma Salvia: el innovador método patentado por el Cunqueiro para detectar el deterioro cognitivo años antes que los síntomas
- Sancionan a 21 empresas de Alsa y Monbus por falsear la competencia