A premiada obra teatral “A lúa vai encuberta” mostra en Vigo a súa visión crítica coa recente historia de Galicia

A peza, cun María Casares, pode verse na sala Ártika e está interpretada por Tito Asorey, Melania Cruz, Vanesa Sotelo e Davide González

Davide González e Melania Cruz, na obra de teatro.    | // LUCÍA R. REGUEIRO

Davide González e Melania Cruz, na obra de teatro. | // LUCÍA R. REGUEIRO / mar mato

mar mato

VIGO

A sala Ártika de Vigo acolle hoxe e mañá a obra “A lúa vai encuberta” , gañadora do II Certame Manuel María de Proxectos Teatrais así como do Premio María Casares á Mellor Adaptación 2022 pola dramaturxia de Vanesa Sotelo.

Baixo a dirección de Tito Asorey que tamén se encargara de "Fariña" –que asemade actúa xunto a Davide González, Melania Cruz e Sotelo–, ofrecen unha peza a partir dun texto de Manuel María.

“É unha obra –explica Asorey– que reflexiona sobre a historia de Galicia e como temos a percepción dela como país derrotado. Manuel María pensaba que nos foi dada e creo que hai un ocultamento dunha verdade para non ver unha Galicia máis loitadora”.

O retazo histórico no que se fixan vai dende o ano 1936 ata a actualidade. “Nós –prosegue– reflexionamos neste texto dende a nosa actualidade. Falamos do ascenso do fascismo, desta extrema dereita que está aparecendo. Podemos ver dende o ano 36, o ascenso dos franquistas ao poder, a guerrilla, as loitas de 1972, a formación do galeguismo non político ao redor de Ramón Piñeiro. É un percorrido polos últimos 70 anos da historia de Galicia”.

Escena da obra teatral.

Escena da obra teatral. / Lucía Re

En canto a importancia da ignorancia e do silencio neste espectáculo teatral, Tito Asorey recoñecen que ambos os dous conceptos teñen peso, así como “o que se cala, o que non se di e que axuda a conformar a percepción dunha xeración da súa propia historia e identidade como pobo. A Galicia sumisa que nos quereron vender non é vista así por Manuel María quen di que a historia de Galicia está chea de momentos de loita, nos que puido haber un cambio pero que foi anulado por forzas de dentro e de fóra”.

É unha obra na que non paramos

En canto aos personaxes, recoñece que son multitude “dende nós mesmos coa nosa propia voz. Ademais, o público poderá ver dous cantantes dun cabaret fascista que destacan con ironía as bondades do franquismo ao cambiar toda unha sociedade, membros do galeguismo incipiente como Ramón Piñeiro e seu círculo... É unha obra na que non paramos e iso fai que sexa moi dinámica e divertida, hai moita comedia e música”.

Asorey tamén resalta a posta a iluminación da viguesa Laura Iturralde así como os audiovisuais que van introducindo a propia historia mentres escoitamos a música en directo na voz de Melania e Davide.

TEMAS

  • Galicia
  • Tito Asorey
  • Davide González
  • premios María Casares
Tracking Pixel Contents