A Xunta prepara unha programación ‘ampla e dinámica’ para homenaxear a Del Riego

“E un dos arquitectos académicos máis importantes da nosa historia literaria”, di Román Rodríguez na apertura dos actos das Letras Galegas

Román Rodríguez (dcha.), durante o acto de onte.

Román Rodríguez (dcha.), durante o acto de onte. / FdV

Redacción

Fernández del Riego é un dos arquitectos académicos máis importantes da nosa historia literaria”. Así o afirmou o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, que onte participou en Lourenzá no acto de apertura das celebracións das Letras Galegas 2023 dedicadas ao intelectual, coincidindo co 110º aniversario do seu nacemento.

No acto salientou a oportunidade desta efeméride para dar maior visibilidade ao “gran legado histórico e intelectual” que deixou na lingua e literatura galegas así como nas principais institucións culturais de Galicia e o calificou como un dos máis prolíficos ensaístas dos séculos XX e XXI. “Os seus estudos permitiron afondar na visión historiográfica e material que existía sobre as distintas manifestacións da lingua e literaturas galegas a través do tempo e tamén enriquecer o uso da lingua”, expresou.

Asemesmo, avanzou que a Xunta traballa xunto a outras institucións e entidades culturais galegas nunha programación “dinámica e ampla” para homenaxear ao escritor laurentino. Ademais de ofrecer unha maior visibilidade á súa pegada histórica na literatura galega e nas principais institucións culturais de Galicia, o propósito é “exhibir a importancia e vixencia que teñen os traballos e obras de Del Riego para todos os galegos”.