A resurrección dos poemas prohibidos de Celso Emilio

Procuradores de Vigo rescatan do olvido dez composicións sociais e políticas do autor galego esquecidas polas antoloxías

Ramón Nicolás, a procuradora Celsa Muñoz, Luis Ferreiro, Rosario Álvarez e José A. Fandiño (e-d).   | // M.G.

Ramón Nicolás, a procuradora Celsa Muñoz, Luis Ferreiro, Rosario Álvarez e José A. Fandiño (e-d). | // M.G. / Marta G. Brea

Mar Mato

Mar Mato

“El era o poeta que puxo na nosa boca a poesía social e contestataria, as proclamas de xustiza e reivindicación (...) Deunos ás poéticas de liberdade”. Así se refería a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, á influencia da poesía de Celso Emilio Ferreiro na súa xeración, as universitarias e universitarios dos anos 70 en Compostela que arelaban a liberdade e o fin da dictadura franquista.

A tamén académica da RAG ofrecía esta defensa nun acto onte no MARCO en Vigo: a resurrección de dez poemas do autor ‘esquecidos’. Tan olvidados estaban que non hai ningunha obra completa do escritor ou antoloxía onde se poidan ler xuntos.

Só foron publicados nunha separata sen seren comercializados en Caracas, cidade na que traballou Celso Emilio dende 1966 e ata os anos 70 como activista cultural na Hermandad Gallega da capital venezolana para fuxir da presión policial na Galicia.

Público botándolle un ollo á documentación.   | // MARTA G. BREA

Público botándolle un ollo á documentación. | // MARTA G. BREA / mar mato

As devanditas composicións son xoias históricas que profundizan máis no universo poético de protesta política de Celso Emilio (colaborador de FARO DE VIGO), que axudan a comprender mellor unha época –a Dictadura franquista nos anos antes da morte do xeneralísimo– e que destacan pola súa calidade e modernidade.

“Saio mañá/ stop/ de madrugada/ tomo avión, directo sen escalas,/ que vai desde o meu odio ata o teu sangue/ stop/ irei voando, irei toda a noite/ voando ata a túa ira/ stop/ toda vai ben/ a patria pulso a pulso”.

Son estes os primeiros versos de “Telegrama diferido”, na tradución ao galego realizada por un equipo do Colexio de Procuradores.

Celso Emilio Ferreiro.

Celso Emilio Ferreiro. / mar mato

A historia destes poemas ben podería alumear unha novela. Luis Ferreiro Loredo, director da Fundación Celso Emilio Ferreiro e fillo do escritor; Ramón Nicolás, biógrafo do autor e correspondente da Real Academia Galega; máis José Antonio Fandiño, decano do Colexio de Procuradores de Vigo, deron conta polo miúdo do seu periplo.

Todo comezou cando Luis, o fillo do poeta, lle entregou ao colexio de procuradores vigueses –nunha homenaxe a seu pai por ser procurador na cidade olívica– un papel cun poema sinalando que era unha composición “descoñecida” de nome “Fuero juzgo 1972” e que reza así: “Se cada un de nós/ vale tanto coma vós” e todos xuntos, nós,/ valemos máis ca vós,/ ¿por que en lugar de nós/ habedes de ser vós/ quen nos goberne a nós?”.

Nun inicio, non lle deron “moita importancia” ao devandito papel ata que as investigacións do estudoso Ramón Nicolás deron coa realidade dos dez grandes poemas perdidos.

No 1970, Celso Emilio remitiu a obra “Antipoemas” a Manuel María para publicala nas editoriais que dirixía en Monforte. A censura depurou algúns textos polo que optou traducido ao castelán para publicalo cun adianto en Venezuela baixo o título “Trece poemas iracundos e unha canción desesperada” na revista “Expediente” de Caracas.

“Golpeado pola persecución dos censores pola súa persoa decidiu envialo no 1971 ao Concurso Internacional de Poesía Álamo de Salamanca”, sinalou Nicolás, do que resultou gañador.

Ao ano seguinte, no 1972, o libro sae do prelo pero coa amputación de dez poemas pola autocensura dos editores para evitar problemas co goberno franquista e sen que o escritor o soubese.

Presentación dos poemas no MARCO.

Presentación dos poemas no MARCO. / Marta G. Brea

Como resposta, Celso Emilio Ferreiro publicou pola súa conta os dez poemas nun opúsculo sen distribución comercial en Venezuela servíndose da dotación do premio de Salamanca. Esa separata levou o título ‘Problemas prohibidos.Diez poemas no incluidos en el libro Antipoemas por causas no imputables a la voluntad del autor”. Esta vai dedicada a Xosé Sesto, amigo galego desterrado en Caracas, poeta e debuxante que o animou a publicalos.

“O opúsculo contou cunha circulación moi restrinxida e aínda hoxe resulta de difícil acceso”, detallou Nicolás, quen recalcou que “estes poemas non foron incorporados a ningunha antoloxía”.

Por iso, Fandiño sinalou que “sabendo todo isto dende o Colexio de Procuradores de Vigo pensamos que é de xustiza sacar a luz os dez poemas que no seu día foron censurados”.

A importancia destas composicións é elevada. Para o biógrafo Ramón Nicolás “estes poemas iluminan aspectos tanto biográficos como literarios que quedaran escurecidos polo paso do tempo” do escritor de Celanova.

Opúsculo publicado no 1972 en Caracas cos versos prohibidos en España.

Opúsculo publicado no 1972 en Caracas cos versos prohibidos en España. / Marta G. Brea

Entre os dez poemas, atopamos “O condado”, no que se dirixe a un conde ao que pide con retranca que meta en vereda ao pobo. En “Juan vive moi ben en Caracas” critica a sociedade de benestar e a obsesión da clase media polo diñeiro e mercar en beneficio dos banqueiros; mentres que en “A cidade asaltada” fala do silencio instaurado no pobo, co pensamento degolado, sen ósos dos seus seres queridos.

En “O outro camiño” tamén fai crítica do franquismo, “do sangue dos muros” no “país de Herodes”, así como en “Carcajadotaje”, no que aposta pola “burla subversiva e solidaria” contra o fusil e a metralleta para “derrubar a pirámide de chumbo”.

Suscríbete para seguir leyendo