Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Chuvia de libros nos 20 anos da marea negra do “Prestige”

Carlos Portela plásmao en viñetas; mentres xornalistas e escritores lembran a traxedia en “Chapapote”, “Tal como foi” e “Prestige"

“A conta atrás”, historia en viñetas do afundimento do Prestige con clave social. | // M.M.

Asegura Miguelanxo Prado cara o final de “A conta atrás” que este é “un deses libros que había que facer, que non podía nin debía quedar no caixón dos proxectos frustrados e que tivo unha xestación complicada e incerta”. Son 170 páxinas de novela gráfica máis 26 de extras nas que dun xeito nada habitual se narra desde a perspectiva social o que foi a traxedia ecolóxica da marea negra do Prestige, o seu seísmo económico e político en Galicia pero tamén na vida de mariñeiros, voluntarios e xornalistas.

Con guion de Carlos Portela e ilustracións de Sergi San Julián, ECC Ediciones, “A conta atrás” presenta limiar de Manuel Rivas escrito en 2008 onde destaca que o libro é “a primeira gran novela gráfica no noso arredor nunha liña do thriller político-social”.

Dende o 2008 ata agora, loitou esta historia en cómic por saír do prelo tras numerosas ocasións nas que viviu máis na escuridade que na luz.

O libro comeza coa publicación dunha campaña institucional que trata de convencer á opinión pública de que o partido no goberno fixo todo de marabilla e solventou con notable a papeleta antes do primeiro aniversario do desastre da marea negra do Prestige.

Páxinas interiores de "A conta atrás". M.M.

Os políticos afánanse por querer aparentar normalidade, agochando que o fuel segue en gran parte dos arenais e que as capturas dos pescadores se resentiron ao tempo que parte da poboación afectada sofre frustración ante a gran colleita de votos dos responsables da desfeita (sóalles?).

A partir dese punto, o relato avanza pero nun backforward, cara atrás, para ir amosando todo o que aconteceu fixándose nos personaxes dunha vila mariñeira pero tamén o que supuxo nalgunha cadea de televisión intentar loitar e sucumbir contra o poder que cala a realidade e como ás veces sempre hai corpos e mentes que se venden.

Por outra parte, “Chapapote” (Libros del K.O.) presenta o traballo de doce xornalistas –coordinado por Xosé Manuel Pereiro– que amosan en diferentes artigos distintas perspectivas da catástrofe do petroleiro.

Portada de "Chapapote".

Portada de "Chapapote". M.M.

O encargado da apertura é Manuel Rivas quen en “La revolución del mar” sinala que no caso Prestige “a pena infinita” das catástrofes contaminantes nos océanos “no se saldó con una fúnebre resignación infinita, sino con una revolución” que cristalizou no “Nunca Máis”.

Rivas rescata como máis dun milleiro de informadores por medio do Colexio de Xornalistas de Galicia denunciaron “a manipulación dos medios oficiais, máis gubernamentais que públicos, onde incluso se prohibiu o uso da expresión ‘marea negra’”.

Nesta obra, especial é a aportación do deseñador Artur Galocha e a xornalista Lara Graña –xefa da sección de Economía de FARO DE VIGO– que en “Autopsia forense e ingeniería naval” que rescatan en gráficos as últimas rutas do Prestige, o percorrido da catástrofe ou como era o barco. Completan o libro as aportacións de Arturo Lezcano, Lucía Taboada, Natalia Junquera, Marta Veiga Izaguirre, Xosé Hermida, Gonzo, Brais Cedeira e Silvia R. Pontevedra.

"Prestige. 20 anos x 20 voces".

"Prestige. 20 anos x 20 voces". FdV

Pola súa parte, Editorial Galaxia publica “Prestige. 20 x 20 anos” no que se inclúen relatos cursos e poemas de autores como Marilar Aleixandre, Marcos Calveiro, Helena Villar Janeiro, Víctor Feixanes, Francisco Castro, Inma López Silva, Xosé Ramón Pena e o xornalista de FARO Javier Fraiz, entre outros, con fotos de José Luis Abalo.

FdV

FdV "Tal como foi, tal como fomos".

En “Tal como foi”, tamén de Galaxia, Xosé Manuel Pereiro ofrece a súa crónica persoal do Prestige e do que supuxo a chegada ás costas do fuel pesado que portaba “o máis ruín dos combustibles, o refugallo que queda despois de aproveitar o resto” e como viviu el como ‘reporteiro de guerra’ a súa deriva, aportando documentación oficial e testemuñas.

"Cando choraron as Cíes".

"Cando choraron as Cíes". FdV

Outra obra sobre o asunto é “Cando choraron as Cíes”, de Santi Domínguez que rememora como experimentou o episodio como edil do Concello de Vigo e cal é o resón actual de todo o acontecido.

Compartir el artículo

stats