I Premios Emilia Pardo Bazán no País das Rías
Chega a gran gala dos Premios Pardo Bazán
De entrada aberta e gratuíta ata completar aforo, a cita recoñecerá este martes na sede de Afundación en Vigo o liderado das mulleres da provincia. Con premios nas categorías de Feminismo, Cultura e Turismo, será unha gran oportunidade para achegarse á figura da escritora

Recreación de Emilia Pardo Bazán no Paseo de Alfonso durante unha das súas visitas a Vigo. / FDV
M.B.
Por fin chegou o momento. A sede de Afundación en Vigo prepárase para acoller este martes ás 19.00 horas a gran gala dos I Premios Emilia Pardo Bazán no País das Rías, a iniciativa coa que FARO e a Deputación de Pontevedra queren pór en valor a figura da nosa autora máis emblemática ao tempo que recoñecen o liderado das mulleres de hoxe no País das Rías, como ela mesma denominou de maneira maxistral á provincia de Pontevedra.
Unha cita de entrada aberta e gratuíta ao público ata completar aforo na que serán desvelados os nomes das gañadoras nos tres eidos contemplados polos Premios: Feminismo, Turismo e Cultura.
Amenizada con concertos e actuacións da Escola Superior de Arte Dramático de Galicia, a gala contará coa presenza de Carmela Silva, presidenta de Deputación de Pontevedra, e promete converterse na oportunidade perfecta para achegarse á autora dos Pazos de Ulloa de xeito ameno e divertido, ademais dunha reflexión en si mesma sobre o momento que vive o feminismo e a súa notable importancia na nosa sociedade actualmente con intervencións expertas protagonizados polas integrantes do xurado.
Una triple bandeira
Os premios, que serán entregados durante a gala, pretenden manter viva esa tripla bandeira de Emilia Pardo Bazán como icona do feminismo, precursora do turismo nas Rías Baixas e valor universal das Artes e as Letras, e contribuír dese modo a que a súa figura sexa percibida pola sociedade en todo o seu potencial e á vez como recurso do que sacar proveito para divulgar todos eses valores no noso territorio.
Onde e cando?
A gala terá lugar este mesmo martes a partir das 19.00 horas na sede de Afundanción en Vigo.
- El primer ‘coliving’ de Vigo estará en Bouzas y tendrá gimnasio y piscina
- Mueren en la misma semana los padres de Mari Carmen, la tripulante desaparecida en el “García del Cid”
- Los dueños del colegio Atalaya deben devolver 180.000 euros que les prestaron 5 docentes por hacerlos indefinidos
- Un autobús se hunde en plena avenida de Madrid tras ceder el asfalto
- Lalín estrena curas
- La avanzadilla turística, inmune a la borrasca: «Escuchamos tanto hablar de la Navidad de Vigo que teníamos que venir a verla»
- La fiscalía rechaza el recurso del astillero Damen: irá a juicio por saltarse el veto a Rusia
- El Celta no se rinde con Mingueza
