“Queremos abrir os ollos ao mundo; cambiar o foco. Moitas veces ponse nas vítimas, en como sufriron a violencia de xénero pero non se pon o foco no agresor. Poñelo nel é personalizar esa violencia que non é algo abstracto”. A reflexión ofrécea Eduardo José Collado Marrugal, alumno do Máster de Intervención Social e Comunitaria da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Xunto a Agustín, Aitana, Raquel e outras compañeiras puxeron en práctica ese cambio na ollada cunha intervención artística na propia facultad. Baixo o título de “Cada mensaxe conta”, recolleron frases das alumnas que dan conta de violencias de xénero sufridas pero subliñando o agresor.

“Son experiencias de estudiantes de cousas que lles pasaron ou que viron. Puxemos un reloxo de area que se vai enchendo destas experiencias para dar conta de que se esgota o tempo para parar esta casuística”, engade Collado.

Entre as mensaxes atópanse: “Que seas mi novio no te da derecho a no respetar mi no”, “Ao home que se masturba mentres lle indico unha rúa pola que me preguntou debería pincharlle as rodas”, “O que debería ir ao psicólogo es ti e non eu”, “Ao home que me presionou a manter relacións sexuais cando eu non quería”.