As novelas dos mortos daquel verán
No aniversario do Golpe do 36 que deu lugar á Guerra Civil, a escritora Dolores Vilavedra recorda nesta reportaxe os libros que narraron desde Galicia este conflito bélico

Manolo Rivas na presentación de ‘Os libros arden mal’ no ano 2006. / Carlos Pardellas
Patricia Hermida
No verán de 2022, vivimos unha onda de calor. Pero hai 86 anos, a onda foi de sangue. Co Golpe do 36, a Guerra Civil cobrouse case 4.700 vidas en Galicia. A fronte bélica atopábase a centos de quilómetros de distancia. Pero o bando nacional pronto activou aquí o mecanismo da represión. As novelas sobre as matanzas tardarían en chegar, mesmo desde o exilio en América. Pero co tempo racharíase o muro de silencio con obras convertidas en clásicos. Dolores Vilavedra, escritora e profesora de Literatura Galega na USC, axuda a recuperalas nesta reportaxe.
Segundo Vilavedra, hai tres ciclos xeracionais na novelación galega da Guerra Civil. “No primeiro están os que escriben sendo protagonistas: Ramón de Valenzuela con Non agardei por ninguén (1957) e Antón Alonso Ríos con O señor Afranio ou como me rispei das gadoupas da morte (memorias dun fuxido) (de 1979)”. Chama a atención que “son escritas bastante tarde, mesmo Ricardo Carvalho Calero non publica Scórpio ata 1987”. ¿Impera o trauma? “Hai trauma, autocensura, medo... tamén fai que os autores ficcionen as súas experiencias para establecer distancia”, engade a profesora da USC.

O recordado escritor Carlos Casares. / FDV / patricia hermida
No segundo ciclo, “hai unha xeración intermedia que non fai a guerra pero ten a memoria indirecta da familia”. Aparecen Os mortos daquel verán (1987) de Carlos Casares e Agosto do 36 (1991) de Xosé Fernández Ferreiro. Dolores Vilavedra, unha das principais especialistas en literatura galega, indica que “a memoria está moi viva pola oralidade de familias e veciños, hai unha vontade literaria moi clara, a guerra deixa de ser tabú e entra na axenda literaria ata gañar premios como o Xerais”. Pero as dúas novelas tiveron unha acollida diversa: “Agosto do 36 recibiu o Xerais e funcionou moi ben en Secundaria, pero a de Casares considerouse un experimento literario que intentaba rematar o que Blanco Amor non puido en A Esmorga (un texto xudicial en galego)”.

Ramón de Valenzuela con Mariví Villaverde e os seus netos. / FdV
E no terceiro ciclo, “os netos dos que viviron a guerra observan que a memoria ten unha caducidade, e consideran urxente recuperala antes de que morran as testemuñas”. Entra sobre todo Manuel Rivas con A lingua das bolboretas, O lapis do carpinteiro e Os libros arden mal: “Rivas convertiuse en moi popular porque escribiu un dos mellores contos da literatura galega, A lingua das bolboretas coa guerra vista por un vello e un neno”. Máis nomes dos últimos tempos: Suso de Toro, Luís Rei Núñez ou Rexina Vega.

Inma López Silva, con ‘Memoria de cidades sen luz’. / JOEL MARTÍNEZ / patricia hermida
A visión aportada polas novas narradoras galegas podería formar “un cuarto momento xa no século XXI, vinculado á globalización da memoria histórica”. Asociadas á Guerra Civil española aparecen outras preocupacións como “a II Guerra Mundial ou o exilio en Francia”. Aparecen así voces como “Inma López Silva con Memoria de cidades sen luz, Ledicia Costas, Rosa Aneiros”.
Segundo explica Dolores Vilavedra, escritora e profesora de Literatura Galega na Universidade de Santiago de Compostela, “a poesía pola súa condensación necesita poucos elementos moi potentes para ter unha carga simbólica moi grande, a narrativa de guerra conta máis historias”.
Engade a especialista Dolores Vilavedra que esa narrativa galega sobre a Guerra Civil “xorde da necesidade de contar o que non se conta, de ser unha forma de historiografía paralela”. Axuda así “a rachar o silencio, a narrar o non narrado... a historia é unha ciencia que usa datos empíricos e a novela conta doutra maneira”.
Suscríbete para seguir leyendo
- Los padres de la alumna con sumas erróneas en la nota de la PAU tras las revisiones denuncian «indefensión»: la corrección de la CiUG llega tras cerrar el primer llamamiento en varias comunidades
- Valença estudia trasladar la estación del AVE Vigo-Oporto a las afueras de la villa fronteriza
- Condenan a un vecino de Vigo a abandonar la vivienda por las continuas molestias al resto de la comunidad
- Inversores compran tres edificios en el centro de Vigo para dedicarlos a pisos turísticos
- Concierto de Juan Luis Guerra en Sanxenxo: el artista salda su deuda con Galicia en una fiesta de ritmos latinos ante 15.000 seguidores
- Juan 'Pegatinas': O San Benito máis triste de todos
- Luto en Lalín por la muerte del expresidente del Motoclub Kilómetro 0, Juan Carlos Blanco
- Tres accidentes casi simultáneos dejan dos heridos, uno de ellos grave, en el sur de la provincia de Pontevedra