Fundación Repsol e a Consellería de Cultura impulsan a literatura galega a través dunha nova convocatoria do Premio Narrativa Breve en lingua galega, un certame literario de referencia no panorama das letras galegas. O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a xerente da Área Institucional de Fundación Repsol, Mercedes Gómez Badiola, acompañados polo director xeral da Editorial Galaxia, Francisco Castro, e o subdirector de persoas e Organización da refinería de Repsol na Coruña, Jacobo Aguado, anunciaron onte na biblioteca Ánxel Casal de Santiago –co seu director, Juan Torres– o lanzamento da XVI edición.