Suscríbete

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Case 90 orixinais compiten nos Xerais 2022 que se coñecerán o 16 de xullo

Unha nova edición dos Premios Xerais está en marcha. Os integrantes dos tres xurados xa teñen nas súas mans as obras orixinais que optan a acadar o Premio Xerais de Novela, o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil e o Premio Merlín de Literatura Infantil. Os xurados declararán as obras finalistas na súa primeira reunión, que se celebrará o venres, 8 de xullo. Os premios coñeceranse o sábado 16 de xullo. Este ano compiten 87 orixinais.

O xurado da XXXIX edición do Premio Xerais de Novela, dotado con 10.000 euros e no que concorren 40 obras, está formado por Carolina Sertal (xornalista), Mónica Cores (profesora e bookstagramer), Sara Carballa (coordinadora do club de lectura Daquelas que len), Begoña Varela Bárcena (libreira), Pepe Pintado (científico) e Xosé Manuel Moo Pedrosa (secretario do xurado).

O XIV Jules Verne de Literatura Xuvenil está dotado con 10.000 euros e nel concorren 23 obras. E o XXXVII Merlín de Literatura Infantil, dotado tamén con 10.000 euros e no e nel concorren 24 traballos.

Compartir el artículo

stats