Suscríbete

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Os galegofalantes nacen ou (des)fanse?

A lingua de Galicia segue a perder falantes de xeito preocupante especialmente entre as novas xeracións, como Aitana, filla de galegofalantes que con 6 anos usa maioritariamente en castelán

I. Álvarez

Aitana ten seis anos, ‘casi siete’ como ela mesma di. A súa primeira palabra foi papá, como a da maioría das crianzas. Pronunciar o ‘p’ e máis sinxelo que, por exemplo, o ‘m’ cando se comeza o natural pero complexo proceso de aprender a falar. Seguíronlle outras moitas, algunhas a media lingua, outras que deixaban aos seus pais sorprendidos e mesmo termos inventados. Pero a maioría desas primeiras veces foron en galego.

“No noso entorno familiar e de amizades máis próximas, con todas aquelas persoas coas que Aitana pasou máis tempo dende que naceu, son galegofalantes”, explica a súa nai, Lara Raña. Ela mesma puido ser a súa coidadora e mestra na etapa infantil de 0 a 3 anos na casa niño que abriu en 2016 no concello de Beade.

En ‘Arrolos’ a lingua vehicular é o galego “despois a cada neno en particular diríxome na súa lingua materna”, apunta Raña. No caso da súa filla -e alumna neste caso- a comunicación era completamente en galego. E así foi como esta fala se ía convertendo na súa lingua principal.

Pero algo mudou cando tocou cambiar ‘ao cole de maiores’, en centros tamén do rural. Progresivamente foron comprobando como mudaba o idioma que empregaba para comunicarse no día a día. “Ao principio ela non era consciente nin do que era un idioma nin de que estaba a facer unha escolla. Nós achacámolo a que os nenos cos que empezou a relacionarse falaban máis castelán e que a maioría do pouco contido de televisión ao que tiña acceso era en castelán porque, realmente, a oferta en galego é moi reducida”.

Aitana foi medrando e o proceso de desgaleguización no que a lingua se refire foise acelerando ata que, actualmente, nun fogar galegofalante ela emprega como primeira -e case única-opción o castelán. “Cando foi tendo máis consciencia comezamos a preguntarlle por que prefería o español, ela explicaba que lle gustaba máis ese idioma. Agora cando a convidamos a que utilice de novo o galego volve a amosar interés, pregúntame se o está a facer ben, intenta falalo máis, con interese e motivación” pero está lonxe de volver ser a súa lingua vehicular.

O caso desta pequena podería considerarse excepcional ou froito dunha suma de circunstancias puntuais que converxeron nela se non fose porque os datos amosan que esta é a tendencia xeneralizada. Segundo os últimos datos publicados polo Instituo Galego de Estatística mentres máis dun 44% dos menores de entre 5 e 14 anos falan sempre en castelán, tan só un 14% o fai sempre en galego e un 12% maioritariamente en galego. A estatística mantense no resto de franxas de idade, de feito, tan só se atopa un uso estendido nos maiores de 65 anos, onde case a metade emprega a lingua propia de Galicia sempre.

É máis, segundo o IGE preto dun 10% dos galegos aos que os seus pais lle falaron na lingua propia dende o nacemento mudou total ou en gran parte ao castelán, un camiño que á inversa escasamente realiza un 4% de neofalantes. 

O galego nos centros educativos

O decreto para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia do ano 2010 recolle que nos centros sostidos con fondos públicos utilizarase con carácter xeral a lingua galega. Con respecto ao reparto de horas lectivas, en Primaria determinase que se impartirán en galego Coñecemento do medio natural, social e cultural, e en castelán a materia de Matemáticas. Para a ESO fíxase en galego o ensino de Ciencias sociais, xeografía e historia, Ciencias da natureza e Bioloxía e xeoloxía mentres que se impartirán en castelán Matemáticas, Tecnoloxías e Física e Química. Xa no Bacharelato, cada centro educativo, segundo o procedemento establecido no regulamento de centros, establecerá “unha oferta equilibrada na mesma porcentaxe de materias comúns, de modalidade e optativas para impartir en galego e en castelán”, un proceso que se realiza cada catro anos.

Porén, as enquisas amosan outra realidade. O 40% da poboación de entre 16 e 29 anos mantén que estudou maioritariamente en castelán. Máis aló das leccións, porque a transmisión da lingua no sistema educativo ten máis dimensión que as clases, o uso do galego tampouco goza de boa saúde. Un 25% deste mesmo rango de idade falaba cos seus compañeiros só en español e un 32 facíao tamén maioritariamente nese idioma.

O mapa sociolingüístico escola de Ames, elaborado pola Real Academia Galega, pon o remache definitivo: dúas de cada tres crianzas que teñen o galego como primeira lingua na infancia saen da Secundaria sendo castelanfalantes.

As enquisas amosan que nos centros educativos predomina o ensino en castelán dende os 17 anos.

A lingua que empregan maioritariamente os estudantes para falar cos seus compañeiros é o castelán.

O 40% da poboación de entre 16 e 29 anos mantén que estudou maiormente en castelán .

O castelán asociado ao status

Consciente ou inconscientemente, a percepción do español como lingua de status e éxito ségueselle trasladando aos máis pequenos.

Pode producirse de xeito explícito, con frases como as que a propia Lara leva tempo escoitando: “Non te preocupes polo galego, que o vai aprender si ou si e senón, tampouco leva a ningún lado”. Pero tamén acontecen fenómenos máis subliminares que, sen decatarnos, trasladan a mesma mensaxe.

Se se analiza aos falantes maiores de 65 ano, o 52% comunicase sempre en galego coas súas amizades. Pero que pasa cando toca ir o medico ou ao banco? Aí aparece a diglosia e incluso aqueles que conservan o galego na súa vida social pasan ao castelán case na metade dos casos.

Lingua habitual en Galicia

Menos falantes de galego

Máis falantes de galego

O castelán é a lingua predominante

nas comarcas das cidades

atlánticas de Vigo,

A CoruñaeFerrol.

FERROL

A CORUÑA

LUGO

SANTIAGO

PONTEVEDRA

OURENSE

VIGO

Nas comarcas da Coruña oriental,

as dosur de Lugoetodas as ourensás,

o uso do galego é elevado.

As áreas nas que máis se fala galego

son as daCoruña suroriental, a da

Costa da Mortee a deLugo oriental

I. Álvarez

Lingua habitual en Galicia

Menos falantes de galego

Máis falantes de galego

FERROL

A CORUÑA

LUGO

SANTIAGO

OURENSE

PONTEVEDRA

VIGO

O castelán é a lingua predominante nas

comarcas das cidades atlánticas de Vigo,

A CoruñaeFerrol.

Nas comarcas da Coruña oriental, as do

sur de Lugoetodas as ourensás, o uso

do galego é elevado.

As áreas nas que máis se fala galego son

as daCoruña suroriental, a daCosta da

Mortee a deLugo oriental.

I. Álvarez

Lingua habitual en Galicia

Menos falantes de galego

Máis falantes de galego

O castelán é a lingua predominante

nas comarcas das cidades

atlánticas de Vigo,

A CoruñaeFerrol.

FERROL

A CORUÑA

LUGO

SANTIAGO

PONTEVEDRA

OURENSE

VIGO

As áreas nas que máis se fala galego

son as daCoruña suroriental, a da

Costa da Mortee a deLugo oriental

Nas comarcas da Coruña oriental,

as dosur de Lugoetodas as ourensás,

o uso do galego é elevado.

I. Álvarez

O rural tampouco se salva

En directa relación coa cuestión do status está a idea de que o galego atopa nos entornos rurais o seu particular oasis. Esta crenza non deixa de fundamentarse en prexuízo tan falsos como perigosos para a lingua: que nas poboacións pequenas o nivel educativo e cultural é inferior e que, por iso, alí está o lugar do galego.

Sen ser este un argumentos válido, si sería boa nova que o galego pervivise nas aldeas. Porén, mentres en 2003 o 71% das persoas que vivían en municipios de menos 10.000 habitantes falaba sempre en galego, en 2018 tan só era o 56%.

De feito, Aitana é unha cativa do rural que alimenta esta estatística. Ela non é menos galega por, con seis anos, non falar galego pero, precisamente por iso, ten dereito a medrar e educarse nunha contorna que garanta a convivencia real en igualdade de ambas linguas e que así a súa escolla idiomática non estea limitada. 

Compartir el artículo

stats