As personas, no centro do espazo público
O I Certame #FotoÁgora da Deputación defendeu este xoves a importancia de centrar os deseños urbanos na xente durante unha orixinal gala na fachada accesible do Pazo Provincial, con 32 galardóns que sumaron 40.000 euros

Foto de familia durante a gala da entrega de premios. / Cedida
Ágora, a rede de acción institucional que está a revolucionar o espazo público en dous de cada tres concellos na provincia teno moi, pero que moi claro: “As rúas e prazas das vilas e cidades deben ser o lugar no que a cidadanía se sinta máis cómoda”. Por iso, non o dubidou á hora vestir de “salón de estar” o escenario da gala do I Certame de fotografía sobre o espazo público da Deputación, #FotoÁgora, que este xoves defendeu en imaxes a importancia de colocar ás persoas no centro dos deseños urbanos.
Uxío Benítez: “#FotoÁgora foi concibido dende o departamento de Mobilidade e Espazo Público para promover os dez principios da Rede Ágora, baseados no espazo público como un dereito”
Un orixinalísimo evento celebrado ao aire libre na fachada do Pazo Provincial que dá ao Parque das Palmeiras, onde está situada a rampla de acceso para persoas con diversidade funcional, e durante a que se repartiron 32 galardóns premiando imaxes simbólicas e de grande forza que amosan que as persoas deben estar no centro do espazo público para mellorar a súa calidade de vida.

Primer premio: Síntome un máis / Víctor Manuel Lorenzo Santiago
O premio de fotografía #FotoÁgora foi concibido dende o departamento de Mobilidade e Espazo Público para promover e difundir de maneira gráfica e amena a filosofía dos dez principios da Rede Ágora, tal e como subliñou o propio deputado nacionalista Uxío Benítez durante o evento.
Dez premisas que, ao cabo, poderían resumirse nunha soa e fundamental: a certeza de que o espazo público é un dereito ao mesmo nivel que a sanidade ou a educación, recollida coma o primeiro principio da Rede.

Segundo premio / Franscisco Javier Arcenillas Pérez
Deste xeito e con este fin, a iniciativa traballa dende fai xa dous anos man a man cos concellos para que todas as accións do deseño das vilas e cidades da provincia vaian encamiñadas a “priorizar ás persoas”, segundo dos dez principios da Rede.
Apóstase neste senso por cidades camiñables, con servizos cerca do cidadán, que xoguen o seu papel “coidador”, con perspectiva de xénero, nas que o coche sexa un mero convidado e nas que a mobilidade inclusiva (principio 3), alternativa (5) e sustentable (10) marquen a pauta para garantir hábitats saudables (7) e espazos seguros (6), amables e de calidade (8) que garantan tamén a autonomía infantil (4) e permitan fomentar a actividade económica de proximidade (9). Dez ideas que xa a están a pasar dos papeis acción, aquí e agora, na provincia, e para a que as entidades municipais contaron en todo momento e seguen a contar co apoio dos centos de expertos internacionais vencellados a Rede Ágora.
Todo isto e moito máis foi posto sobre a mesa en forma de imaxes nunha gala orixinal e ben pensada na que o punto emotivo puxóo María Helena Cabral Alfonso, gañadora dun dos accésits e pedagoga do Centro de día para persoas con discapacidade de Cogami: “Non podo presentarme como unha premiada, xa que é un premio para un equipo informal de persoas as que eu representei. Para nós, a recompensa era participar, ao tempo que visibilizar ás persoas con discapacidade”.
Os dez principios Ágora, en imaxes
1. O espazo público é un dereito

Un espazo para todas as persoas / Iago Manuel Souto Lorenzo
2. As persoas primeiro

Peatonalización Fefiñáns / Mónica Vila Ferreirós
3. Mobilidade inclusiva

Paseos en familia / Rosi Pardal Aragunde
4. Autonomía Infantil

Pedra papel tesoira / Rosi Pardal Aragunde
5. Mobilidades alternativas

Vía verde / Mónica Vila Ferreirós
6.Espazos seguros

Duplicidade / Héctor Rodríguez del Oro
7. Hábitat saludable

Punto de encontro / Gáspar Antonio González Somoza
8. Espazos amables e de calidade

Paseo de Vilaxoán / Mónica Vila Ferreirós
9. Actividade económica de proximidade

Proximidade / Héctor Rodríguez del Oro
10. Mobilidade sustentable

En familia. sobre rodas / Agustín Iglesias Otero
- Al menos cinco personas estafadas en el área de Vigo por una oferta de empleo publicada en Milanuncios
- Davila 10/12/2025
- La nueva empresa estatal de vivienda elige Vigo para estrenarse: 67 pisos saldrán al mercado de manera inmediata a precio «asequible»
- Acoso en las redes y amenazas a una peluquería canina de Bueu por la muerte de un perro
- Un muerto y tres heridos en una colisión frontal en Redondela
- El Celta cae por aplastamiento
- Viajar de Vigo a Lisboa en tren en menos de seis horas ya es posible
- Cabañas turísticas en Galicia: ¿Por qué se pueden construir en suelo rústico?

