Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O doutor Cordón-Cardó e o galego José Tubío, premios Ramiro Carregal de Oncoloxía

Premiados.

Premiados.

Redacción

VIGO

O investigador Carlos Cordón-Cardó, profesor de Patoloxía no Mount Sinai Health System de Nova York, converteuse no décimo Premio Internacional de Investigación Oncolóxica Científica e Técnica Ramiro Carregal. E o compostelán José Tubío, investigador do CiMUS (Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da Universidade de Santiago) recibirá o terceiro Premio a Talentos Emerxentes en Investigación Oncolóxica.

Cordón-Cardó.

Cordón-Cardó.

O xurado destacou a dificultade do fallo pola cantidade e o nivel das candidaturas que optaban a gañar esta décima edición do premio, unha edición na que se incrementan as contías dos galardóns, a proposta do mecenas e presidente de Honra do Xurado, o empresario Ramiro Carregal.

O X premio internacional incrementa a súa contía un 50% e pasará a estar dotado con 30.000 euros. O III Premio a Talentos Emerxentes pasa de 6.000 a 10.000 euros, que servirán para continuar traballando nunha das enfermidades máis crueis e letais da nosa sociedade pero que, “grazas á investigación e á medicina, cada día ten máis preto a súa curación ou cronificación”, apuntou Carregal.

Tubío, do CiMUS.

Tubío, do CiMUS.

Tracking Pixel Contents