“Hai un relato edulcorado sobre a maternidade, interesado e nocivo. Contradicir que esa experiencia ten arestas supón unha elevada carga de culpa, desafecto e desprezo. Ten que ver coa negación de que todas as experiencias humanas son ambiguas, incluso o amor de parella e o maternal, do que se di que sempre compensa”. Con esta afirmación, a escritora Berta Dávila, Premio Xerais 2021 pola súa novela “Os seres queridos”, contestaba a unha das preguntas que lle fixo onte en Club FARO Fran Alonso, director de Xerais, na charla-coloquio sobre o último libro da literata compostelán, á venda dende este mes de marzo.
Na obra, Dávila fai un autorretrato incómodo sobre o que significa o amor maternal, a partir da súa protagonista, unha unha muller que cinco anos despois de ser nai atópase inesperadamente na disxuntiva de decidir se quere volver a selo ou non e plantexándose un aborto. A semente da historia, que Berta Dávila comezou a plantexarse cunhas primeiras notas en 2015, cando foi nai, é o cuestionamiento do amor maternal e como esas redes afectivas que nos atan aos demais tamén nos poden atrapar. “Tamén é unha novela sobre a elección, a diferenza entre os vínculos que escollemos -parella ou amistades -e os familiares, e sobre como as decisións que toma a protagonista teñen impacto sobre os seus seres queridos”.
Na súa procura por atopar na literatura aquilo ao que nos custa poñer nome, Berta Dávila destacou que os partos son tema tabú nas comidas familiares nas que se falan de temas como a guerra. “Non coñecín os partos das mulleres da miña familia ata que quedei embarazada. É coma si me incorporase a unha sección a que antes no pertencía. Por iso é importante a figura da avoa no meu libro, que conta os seus partos, que se seguen considerando íntimos cando son universais, tal vez para denostar o valor que teñen”.
Unha escena da novela onde a protagonista fala cunha amiga sobre si e vulgar describirr a cicatriz que deixa un parto serve para explicar como Dávila quería escribir detalles sobre temas como o aborto coas palabras coas que se conversan sobre iso. “Sempre tendo a escribi dende una posición incómoda,nunca escribo por impulso de contar, senón porque algo me incomoda. Fago o proceso de contar o que quero e deseño a novela”, afirmou a narradora.
Se ben recoñeceu que lle resultou incómodo escribir ese libro, que nunca pensou que ía rematar e do que fixo seis copias para os seus seres queridos porque tiña á necesidade de saber o que lles parecía, Berta Dávila manifestou que rematalo tróuxolle unha sensación de plenitude.”Non me considero valente por abordar un tema que xera tanta controversia como o aborto nin escribo co propósito de causar ningún efecto sobre o tema. Sinto valente á xente que traballa para mellorar as vidas dos demais. Eu soamente escribo unha noveliña e tento poñer distancia sobre ela”, comentou.
“Os seres queridos” é tamén unha novela que fala sobre o proceso literario. “A meta literatura está sempre presente nos meus libros, para min falar de literatura é como falar dun prato de sopa”.
Nas súas escitas, Dávila reivindica a importancia das pequenas cousas, dos detalles, como unha maneira de contar o universal, de evocar o transcendente sen nomealo directamente. E consigue escribir sobre temas complexos -como tamén o suicidio que aborda na súa novela “Un elefante na sala de estar”- sen ferir sensibilidades, de xeito que sexa fermoso porque “cando falas da propia vida hai luces e sombras ao mesmo tempo, e incluso en experiencias difíciles hai certo grado de beleza”.
“Procurei que”Os seres queridos” fose moi transparente, que a evocación non viñese dun cristal esmerilado. Tampouco quería ser hostil co lector, a min agrádame ler libros cálidos e busco que o lector se sinta confortado”, comentou a escritora galega, quen prefire o termo auto-representación que autofición para etiquetar a súa novela. “Ás mulleres se nos xulga moralmente como se non fóxemos capaces de escribir relatos. Cando escriben eles, din que son relatos, transcendencia. Cando escribimos nós, son confesións, reflexións”.
Unha traxectoría repleta de premios que lle permiten “comprar tempo para escribir”
“Os premios son sempre unha alegría e supoñen unha visibilidade. Ademais, teñen unha dotación económica que para min significa comprar tempo para escribir”. Así se expresaba Berta Dávila tras facer doblete con edicións Xerais en 2021 e lograr os premios Jules Verne de Literatura Xuvenil, por “Un elefante na sala de estar”, e de novela con “Seres queridos”. Dávila é unha das voces da literatura galega actual cunha traxectoria máis laureada. Como poeta, con vinte anos publicou “Corpo Baleiro” (2007), ao que lle sucederon “Dentro” (Premio Avelina Valladares 2008) e “Raíz da Fenda”, Premio Nacional da Crítica española 2013 e Johán Carballeira de poesía. Na narrativa iniciouse coa novela “Bailarei sobre a túa tumba”, co que conque riu o Premio Biblos de novela 2008. En 2013 recibiu o Premio de Narrativa Breve Repsol por “O derradeiro libro de Emma Olsen”, galardón que volveu a acadar en 2020 con “Illa Decepción. No 2019 “Carrusel” foi Premio da Critica Española. “A diferenza, a ferida e a perda, a elaboración das relacións de pertenza dos individuos... son cousas nas que recunco”, manifestaba nunha entrevista en FARO DE VIGO. “A escrita convértese, nese sentido, nunha especie dedocumento xeolóxico do que son, algo así como unha visión en estratos de tempo da persoa que escribe”, engadía.