Coa Cidade da Cultura como pano de fondo, Tanxugueiras volveu a poñer os pes nun escenario para "aturuxar" polo Día da Lingua. Acollidas por un amplo e animado público, que as acompañou a golpe de palmas, Aida, Olaia e Sabela entonaron o 'airalalala' que xa é todo un himno para a comunidade.

Ao fin da actuación, o Conselleiro de Cultura, Román Rodríguez quixo agradecer ao grupo de pandereteiras "a súa contribución á proxección internacional do galego" tralo seu paso polo Festival de Benidorm, que "supuxo unha oleada de orgullo pola nosa lingua, a nosa música e a nosa tradición". Ademáis, o Conselleiro destacou que ese "orgullo" está chegando especialmente á xente nova.

A Cidade da Cultura acolleu o acto principal organizado polo 'Día Internacional da Lingua Materna', que este ano pon especial énfase en fomentar a utilización do galego a través das novas tecnoloxías.

Por este motivo, ao acto tamén acudeu a xornalista Esther Estévez , nominada este ano aos premios Mestre Mateo na categoría de 'Mellor comunicador' polo seu recoñecido traballo no Digocho Eu.