Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Escola en Camiño bota a andar con Gandhi, Muros e Lorca coma Rockstars

Chegan os primeiros traballos do novo proxecto educativo de FARO DE VIGO e a Consellería de Cultura, Educación e Universidade »» Unha mostra do Xacobeo máis singular a través dos ollos dos pequenos

Escola en Camiño bota a andar.

Escola en Camiño bota a andar. / SHUTTERSTOCK

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
María Bueno

María Bueno

Vigo

Que un dos grandes poetas españois de todos os tempos visitou Santiago de Compostela en ata tres ocasións; que plasmou a súa fascinación por esta terra nun libro: 'Seis poemas galegos' (1935); e que da praza da Quintana dixo “quedaríame a vivir nela para sempre” é algo que non todo o mundo sabe, pero do que si ten coñecemento o alumnado de 5º de Primaria do CEIP Plurilingüe García Barbón grazas ó seu traballo para Escola en Camiño

A través desta presentación escolar que combina audio, vídeo e imaxe, tamén nos contan, por exemplo, que a ruta Xacobea da Ría Muros - Noia é unha das máis recentes, que consta de once etapas e que nos permite facer ata 90 millas por mar; mostran a diferenza entre a Compostela e o Certificado do camiño; ou recordan aquilo que xa dicía Gandhi: “Non hai camiño para a paz: a paz é o camiño”. E qué mellor, engaden, que o noso Camiño e o noso mar para derribar fronteiras e gozar con novas culturas e novas linguas.  

Mostra do traballo ‘O Camiño de Santiago, a paz e Ghandi’, presentado ao proxecto Escola en Camiño polo alumnado de 5º de Primaria do CEIP Plurilingüe García Barbón. Un percorrido a través da ruta Ría Muros - Noia con Gandhi, Newton ou Lorca coma aliados.

Mostra do traballo ‘O Camiño de Santiago, a paz e Ghandi’, presentado ao proxecto Escola en Camiño polo alumnado de 5º de Primaria do CEIP Plurilingüe García Barbón. Un percorrido a través da ruta Ría Muros - Noia con Gandhi, Newton ou Lorca coma aliados. / Cedida

“Non hai viaxe sen aprendizaxe”

Si, nos coles galegos teñen claro que non hai viaxe sen aprendizaxe e pode que, precisamente por iso, Camiño e Escola mariden tan ben. Moitos non o tiveron que pensar nin dúas veces á hora de anotarse ó novo proxecto de FARO e, grazas a eles, Escola en Camiño bota a andar agora con moi boa acollida e inda mellores traballos coma ‘O Camiño de Santiago, a paz e Ghandi’, do que xa se pode gozar na páxina web do proxecto.

Un percorrido a través da ruta Xacobea da Ría Muros - Noia, no que os escolares relacionan Camiño, mar e paz da man de inmellorables aliados coma Mahatma Gandhi, Isaac Newton ou Federico García Lorca, entre outros. 

Mostra do traballo ‘O Camiño de Santiago, a paz e Ghandi’, presentado ao proxecto Escola en Camiño polo alumnado de 5º de Primaria do CEIP Plurilingüe García Barbón. Un percorrido a través da ruta Ría Muros - Noia con Gandhi, Newton ou Lorca coma aliados.

Mostra do traballo ‘O Camiño de Santiago, a paz e Ghandi’, presentado ao proxecto Escola en Camiño polo alumnado de 5º de Primaria do CEIP Plurilingüe García Barbón. Un percorrido a través da ruta Ría Muros - Noia con Gandhi, Newton ou Lorca coma aliados. / Cedida

De agora en diante, ¡os xoves son día de Escola en Camiño!

Pequenos historiadores, xornalistas, científicos, enxeñeiros e moito máis cos que todos imos poder coñecer de cerca e dun xeito distinto ó gran embaixador de Galicia no mundo: O Camiño de Santiago

As mellores achegas serán protagonistas do xornal cada quince días

Sen máis tardanza e xa a partir do próximo xoves, 10 de febreiro, con periodicidade quincenal, o xornal publicará unha páxina coas mellores achegas que fagan chegar os coles galegos para o proxecto. Unha inmellorable oportunidade á hora de coñecer as rutas Xacobeas coma nunca antes, a través dos ollos dos máis creativos da casa: os nosos pequenos. 

Posto en marcha en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e dirixido aos centros educativos de Galicia, Escola en Camiño inicia xa deste xeito a súa andadura con boa marcha e a certeza de que a educación é o alicerce do futuro ¿O obxectivo? Divulgar entre as xeracións máis novas a dimensión cultural, social, económica e humanística do Camiño. 

A iniciativa busca divulgar a dimensión cultural, social, económica e humanística do Camiño entre as xeracións máis novas

A iniciativa busca divulgar a dimensión cultural, social, económica e humanística do Camiño entre as xeracións máis novas / Xunta de Galicia/ PIM

Podcast, vídeos, presentacións, entrevistas, reportaxes, debuxos… Todos os formatos están admitidos á hora de indagar nun sentido amplo sobre a historia dunha das maiores xoias do noso patrimonio. 

Esta é a primeira edición de Escola en Camiño e permanecerá en marcha ata abril do 2022. Os mellores traballos serán galardoados nunha gala no Museo do Mar de Vigo e incluiranse tamén no xornal “Escola en Camiño, un exemplar que se distribuirá tanto nos centros educativos participantes como encartado con Faro de Vigo. A iniciativa inclúe ademais charlas nos centros para reforzar o proxecto e contribuír á formación dos docentes.

[object Object]

Escola en Camiño é un proxecto de Faro de Vigo en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia dirixido aos centros educativos de Galicia para divulgar entre as xeracións máis novas a dimensión cultural, social, económica e humanística do Camiño de Santiago.

A educación é o alicerce do futuro. Un futuro no que non se debe perder a identidade propia nin os valores máis universais. E non hai nada máis universal que derrubar muros nin máis identitario que o Camiño de Santiago.

Con esta idea coma premisa principal xorde Escola en Camiño. A andaina de esta primeira edición permanecerá en marcha ata abril do 2022 e contará cunha gala de entrega de premios no Museo do Mar de Vigo. A maiores, elaborarase tamén o xornal “Escola en Camiño” cos mellores traballos, un exemplar que se distribuirá tanto nos centros educativos participantes como encartado con Faro de Vigo. A partir do próximo xoves e con periodicidade quincenal, publicarase ademais unha páxina no xornal coas mellores aportacións dese período. 

Tracking Pixel Contents