A presentación da tradución ao galego de “La tribuna” pecha o Ano Pardo Bazán
A novela está considerada a primeira incursión naturalista das letras hispanas

Pola esquerda, Marilar Aleixandre, Valeria Pereiras, Inés Rey, Manuel Bragado e Manuel Rivas. | // RAG / REDACCIÓN
REDACCIÓN
A Real Academia Galega (RAG) presentou onte a primeira tradución ao galego de “La tribuna”, a terceira novela de Pardo Bazán. Publicada en 1883, esta obra está considerada a primeira incursión naturalista nas letras hispanas e a primeira tamén en reflectir a vida da clase obreira feminina, neste caso as cigarreiras da Coruña. A versión en galego, realizada por Valeria Pereiras, é froito da colaboración do Concello da Coruña e da Fundación Luzes, e coa súa presentación pónselle o ramo á celebración do centenario do pasamento da escritora (A Coruña, 1851-Madrid, 1921).
O volume foi presentado nun acto no que interviñeron a alcaldesa da Coruña, Inés Rey García; o presidente da Fundación Luzes, Manuel Bragado; a tradutora e tamén autora das notas do libro, Valeria Pereiras; a académica Marilar Aleixandre, directora de “La Tribuna. Cadernos de estudos de Casa-Museo Emilia Pardo Bazán”; e o académico Manuel Rivas, codirector da revista Luzes e autor do epílogo que pecha a edición.
Marilar Aleixandre dixo que “La tribuna” é a novela que “dá voz ás cigarreiras, ás mulleres que nese tempo cobraban a metade do salario dos homes, unha fenda que aínda non se fechou de todo”. A edición constitúe unha achega que “entretece o Ano Emilia Pardo Bazán e o Ano Xela Arias pois, como afirmaba a autora protagonista do Día das Letras Galegas 2021, o galego é unha lingua de cultura que pode producir literatura e ensaio e, asemade, acoller textos traducidos doutra lingua”, engadiu.
Pola súa banda, Manuel Rivas dixo que a “A tribuna” é a súa obra máis universal “por ese carácter anticipatorio, pioneiro que ten de entrelazar a emancipación social e feminina”, engadiu o académico Manuel Rivas, que fala no epílogo que asina dun “libro insólito” dunha autora cuxa condición foi a de “vivir en incesante metamorfose”.
- Retenciones en la AP-9: tres heridos, dos de ellos guardias civiles, por un doble accidente a la altura de Peinador
- El conductor que arrolló a dos guardias civiles en Vigo casi triplicó la tasa máxima de alcohol
- La despedida de Ion Aramendi en 'Reacción en cadena': «Gracias por todo»
- Una profesora es expulsada de un instituto de Vigo por acoso al claustro
- El conselleiro de Sanidade defiende atender en casa: «Los mayores manejan la app del Sergas que te cagas»
- El juez del caso Rubiales al abogado de Jenni Hermoso: 'Si sigue así le doy la sentencia para que la ponga ella
- Un amigo de Anabel se sincera acerca de la desconfianza de su entorno sobre David Rodríguez: «Cosas tan horrorosas y feas...»
- Samil contará con un camping para autocaravanas