Antón Pulido, Bernardino Graña e Zaza Ceballos, Premios da Cultura Galega

Nova Galega de Danza, Natalia Lamas, o espazo “Dígocho eu”, o mosteiro de San Pedro de Rocas e a Federación de Asociacións Galegas de Arxentina completan os gañadores

Nova Galega de Danza. |  // VÍCTOR ECHAVE

Nova Galega de Danza. | // VÍCTOR ECHAVE / ágatha de santos

VIGO

Bernardino Graña, Antón Pulido, Nova Galega de Danza, Natalia Lamas, Zaza Ceballos, o programa da CRTVG “Dígocho eu”, o mosteiro de San Pedro de Rocas, en Ourense, e a Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina son os galardoados nos Premios da Cultura Galega 2021. Os premiados foron distinguidos nas modalidades de Letras, Artes Plásticas, Artes Escénicas, Música, Audiovisual, Lingua, Patrimonio Cultural e Proxección Exterior, respectivamente, por un xurado que estivo presidido polo conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez.

Mosteiro de San Pedro de Rocas, en Esgos. |   // FDV

Mosteiro de San Pedro de Rocas, en Esgos. | // FDV / ágatha de santos

Con estes galardóns, a Xunta de Galicia premia un ano máis o labor creativo de Galicia e a súa expansión nos novos espazos que se abren na actualidade en diferentes ámbitos. Recoñécese a excelencia creativa, a capacidade de intercambio, a experimentación e a proxección da construción cultural de Galicia.

Antón Pulido. |  // FDV

Antón Pulido. | // FDV / ágatha de santos

Na modalidade de Letras o galardoado é Bernardino Graña. Poeta, narrador e articulista nacido en Cangas, foi catedrático de Lingua e Literatura de Educación Secundaria en diversos destinos ata a súa xubilación nos 90. Participou como articulista en FARO DE VIGO ademais de colaborar como ensaísta noutras publicacións. Foi parte das Festas Minervas e como tal, en 1958 participou na creación do grupo Brais Pinto en Madrid. Foi impulsor, ademais, en 1971, do primeiro intento dun centro PEN Galicia con Eduardo Blanco Amor e Méndez Ferrín. O 12 de xuño de 2010 entrou a formar parte da Real Academia Galega (RAG).

Zaza Ceballos. |   // FDV

Zaza Ceballos. | // FDV / ágatha de santos

No campo das Artes Plásticas foi premiado un dos grandes nomes da creación plástica de Galicia, o ourensán Antón Pulido, pertencente a unha xeración de artistas galegos que se mostran en plena madurez da súa traxectoria creadora. Os inicios da súa formación tiveron lugar en Ourense ata que se trasladou a Barcelona, onde se licenciou en Belas Artes na Escola Superior de San Jordi, na especialidade de pintura e gravado. Traballou en Vigo, onde foi profesor de debuxo de Bacharelato, ata que se mudou a Santiago onde foi director xeral de Cultura da Xunta nos 90 e o primeiro director do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) en 1994.

Bernardino Graña. |  // FDV

Bernardino Graña. | // FDV / ágatha de santos

En Artes Escénicas o recoñecemento é para Nova Galega de Danza, xurdida a finais dos 80 cando os bailaríns Vicente Colomer e Jaime Pablo Díaz buscaban novas formas de expresión que fusionasen a tradición folclórica de raíz galega coa danza contemporánea.

Diego Martínez Duro. |   // FDV

Diego Martínez Duro. | // FDV / ágatha de santos

Os Premios da Cultura Galega 2021 distinguen no eido da música á pianista Natalia Lamas. Esta artista ferrolá de prestixio internacional é presidenta da asociación de Amigos de la Ópera da Coruña, a entidade lírica máis antiga de cantas organizan en España temporadas de ópera. Actuou en escenarios de medio mundo e compaxinou a súa faceta como concertista coa docencia. Foi directora do Conservatorio de Música da Coruña.

Esther Estévez. |   // TVG

Esther Estévez. | // TVG / ágatha de santos

Xustamemte, o galardón en Audiovisual é para Zaza Ceballos, produtora, escritora, directora cinematográfica galega e unha das pioneiras do audiovisual en Galicia. Estudou Lingua e Literatura nos Estados Unidos e Filoloxía na Universidade de Santiago de Compostela. Destaca tanto o seu traballo na Televisión de Galicia como os seus proxectos a través da produtora Zenith Televisión SA, da que é fundadora.

Natalia Lamas. |   // J. ROLLES

Natalia Lamas. | // J. ROLLES / ágatha de santos

En Lingua o premiado é o programa “Dígocho eu”, unha iniciativa triunfadora a través da que se resolven dúbidas sobre lingua galega de maneira sinxela e eficaz a través de micropezas audiovisuais na CRTVG, presentado por Esther Estévez. Emprégase unha linguaxe comunicativa moderna que conecta co público de todas as idades.

O galardón de Patrimonio Cultural recae no mosteiro de San Pedro de Rocas, probablemente o conxunto cenobítico máis antigo de Galicia, ademais de ser un singular exemplo de igrexa rupestre, escavada na rocha viva na Ribeira Sacra. Situado na parroquia de Rocas, concello de Esgos (Ourense), ocupa unha superficie de arredor de 30 hectáreas no que foi un convento creado no século VI. É o único cenobio que mostra pegadas e elementos materiais que denotan a máis antiga vida eremítica do noroeste peninsular e que, ademais, evidencia culto pagán prehistórico, precedendo en varios séculos ao culto cristián.

Por último, o Premio Cultura Galega 2021 de Proxección Exterior é para a Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina (FSG), unha das máis importantes organizacións non mutualistas da emigración galega en Arxentina e impulsora, entre outras iniciativas, da editorial Alborada. O actual presidente desta asociación é Diego Martínez Duro.

Tracking Pixel Contents