O Consello da Cultura Galega (CCG) acordou onte conceder as súas Medallas ao granadino Luis García Montero, director do instituto Cervantes; e a Helena González, profesora titular de literatura galega da Universidade de Barcelona e viguesa de nacemento.

O pleno do Consello decidiu outorgalas pola súa contribución na promoción da lingua e a cultura galega no exterior. O acto oficial de entrega será no primeiro trimestre de 2022.

No vindeiro ano, acordou o pleno onte, forán o foco no contexto previo á aprobación do Estatuto de Autonomía; nos hábitos de comunicación emerxentes; no 75 aniversario do “Galician Programme” da BBC coas súas emisións en galego.