X.H. Rivadulla Corcón presentou onte “Tankas da vida salgada” (Editorial Trifolum) na Libraría Cartabón. Nesta publicación, traza unha ruta que une a cultura galega coa xaponesa, con poemas en formas de tankas, o xénero más antigo coñecido da poesía xaponesa. O título da obra ademais alude á vida salgada. Trátase do primeiro libro en galego que está composto exclusivamente por esta forma tradicional de poesía nipona. Ao longo do mesmo, realizan unha reflexión da relación co propio autor co mar. Corcón –guionista e director de programas como “Ribeiras de salitre” ou “Náufragos” da TVG– foi presentado por Manuel Forcadela e Marta Dacosta.