Este 25 de xullo xa ten banda sonora de seu. Os Verto Temazos, o grupo musical máis de moda entre a mocidade galega, reservou unha sorpresa moi especial para o Día de Galicia.

Da man de Deleite, este dúo musical versinou a clásica Muiñeira de Chantada nunha versión con selo propio e que xa triunfa nas redes sociais malia lanzarse nesta medianoite.

A Muiñeira de Chantada e sen dúbida a peza popular galega que mellor se adaptou aos novos tempos. Se en 1978 foi Son Lalín quen conseguiu colala nas pistas de baile de toda Europa, hai uns anos era a escola Media Punta a que arrasaba nos campionatos de danza e mesmo na televisión ao adaptala ao hip hop.

La 'Muiñeira de Chantada' a ritmo de hip hop que valió un oro

La 'Muiñeira de Chantada' a ritmo de hip hop que valió un oro MARTA CLAVERO

O verán pasado foi outro dos grupos estrela do panorama actual galego o que logrou fusionar o folkore e os sons máis urbáns. Boyanka Kostova lanzaba a súa Muinheira de Interior, a obra audiovisual por excelencia do 2020 na música galega.

E ti, con que versión quedas para celebrar este 25 de xullo?