O Foro E. Peinador pediulle aos partidos políticos, sindicatos e outras entidades que adoitan celebrar actos conmemorativos do Día da Patria Galega/Día de Galicia que avaliasen a oportunidade de instar aos congregados nos seus actos, “de maneira explícita e comprensible”, o consumo de produtos galegos etiquetados preferiblemente en galego. O colectivo, presidido por José González, cre que sería un novo xeito de exaltar os valores patrimoniais de Galicia.