Gadis apoia, un ano máis, o Día das Letras Galegas, e hoxe repartirá de balde nos supermercados 30.000 exemplares dun libro coa obra de 15 poetas galegos novos, xunto con marcapáxinas e 60.000 bolsas de papel reciclado con textos de Xela Arias, informou a compañía galega de distribución.

Supermercados Gadis conmemora deste xeito a figura da escritora homenaxeada neste 2021, Xela Arias, e pon en valor a poetas emerxentes galegos a través dun libro que recolle textos de quince autores contemporáneos: “15 Voces da Nova Poesía Galega”, coa mensaxe “Deixa que a poesía saia á rúa, intempestiva”.

Ata fin de existencias, regalaranse 30.000 exemplares desta antoloxía poética. Tamén se repartirán 30.000 marcapáxinas que resaltan a figura de Xela Arias. Un recordo que cobra valor nun fragmento recollido en “Poesía reunida” (1982-2004).

Na web https://www.gadisletrasgalegas.gal/ poderá ser descargada a versión dixital da escolma.