Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Dime o que lías e direiche o que soñabas

Dime o que lías e direiche o que soñabas

“É emocionante atoparse con xente que di que un libro editado por nós lle marcou. Aí, é onde un colle azos para seguir neste traballo”.Ana Guerra, a editora de Edicións Obradoiro, amosa con estas verbas ser unha apaixoada do seu traballo, máxime cando decide facer libro unha obra destinada para os lectores máis novos: “Estes libros moitas veces son as sementes de bibliotecas. Son obras para que se emocionen, para que se convirtan en grandes lectores e quizais en grandes creadores ou creadoras”, arella.

Ferrín, Teijeiro, Costas, Feijoo, Oruña, Caballero y Silva desvelan a FARO a súa lectura preferida de nenos no Día do Libro Infantil e Xuvenil

Cales serán as obras que puxeron a semente dos persoeiros, e mesmo escritores galegos, actuais?

Dime o que lías e direiche o que soñabas

Dime o que lías e direiche o que soñabas

Antonio García Teijeiro (Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil) teno claro no seu caso: “Sempre dixen que non había practicamente libros na miña casa e os que había tiñan moi pouco interese; pero cando morreu miña nai descubrín nun armario un tesouro. Atopei un libro de Elena Fortún con debuxos de Molina Gallent que se chamaba ‘Celia en el colegio’”.

“O meu libro preferido de neno era un de 1932 que era da miña nai e que aínda conservo ”

Antonio García Teijeiro - Premio nacional de literatura infantil

decoration

Antonio García Teijeiro ,premio nacional de literatura infantil

“É un libro de 1932 que eu conservo que era da miña nai e fora comprado na libraría Tetilla [na rúa Elduayen]en Vigo. É un auténtico tesouro que lin cando eu tiña dez anos”, rememora.

Teijeiro confesa que quedou “prendado do personaxe. Era unha nena entrañable á que non lle gustaba o mundo dos adultos inda que quería saber del. Chegoume moi fondo; é o libro que máis me emocionou na miña infancia. Gárdoo cun afecto tremendo”.

No caso de Xosé Luis Méndez Ferrín, inda que os recordos máis importantes da nenez e mocidade están reservados para películas e tebeos; hai unhas obras que aínda o acompañan hoxe: “Os primeiros libros da miña vida dos que gardo memoria son os de Xulio Verne. Tería uns 15 anos cando empecei a lelos e sigo hoxe gardándolles devoción, sobre todo a “20.000 leguas baixo dos mares’”.

“Os libros de Xulio Verne como ‘20.000 leguas baixo dos mares’ marcaron a miña vida”

Xosé Méndez Ferrín - Escritor galego

decoration

Xosé Méndez Ferrín, escritor galego FdV

Esta obra, confesa Ferrín, “marcou a miña vida e, posiblemente, a miña vocación como científico que despois non se realizou. Ademais, visita a nosa ría de Vigo”. O escritor galego responde que “me gustaba que me levaba de viaxe polo mundo e eran viaxes marabillosas e que podían ser verdade. Incluso hai unha ‘Viaxe á Lúa’ moitos anos antes de que o humano a pisase”.

Se Ferrín imaxinaba e visitaba mundos descoñecidos con Verne a través das súas páxinas, a escritora viguesa Ledicia Costas viaxaba a través da literatura tradicional dos países co seu libro preferido.

“Tanto lin ‘Cuentos maravillosos del mundo entero’ que acabei destrozándoo”

Ledicia Costas - Premio Nacional de Literatura Infantil.

decoration

Ledicia Costas, Premio Nacional de Literatura Infantil. FdV

“Teño un vínculo persoal moi especial con este volume que escollín. Elixo ‘Cuentos maravillosos del mundo entero’. É unha compilación feita por James Riordan. Trae unha chea de contos como ‘La bella y la bestia’, ‘El vendedor de palabras’... Algúns son clásicos”.

A conexión especial con esta obra débese a que este libro “é o único agasallo” que conservaba “do meu padriño que morreu cando eu tiña doce anos”, explica.

Costas, que como lembra foi unha “nena moi lectora”, recoñece que tanto empregou o libro que ó final “acabeino destrozando. Nalgún momento debímolo tirar. Intenteino recuperar en tendas de vello, de segunda man... por internet pero non me foi posible ata que o ano pasado alguén mo regalou. É como a segunda vida dese libro que tanto quixen de nena. Ten unhas ilustracións alucinantes e no prólogo o autor di que son contos ligados pola ESPERANZA e o soño da esperanza dunha vida mellor”.

Entre os oito persoeiros elixidos para falar do seu libro preferido da infancia a curiosidade ofrécena os escritores María Oruña e Pedro Feijoo. Ambos coinciden na selección da mesma obra: “De profesión, fantasma” de Hubert Monteilhet.

María Oruña, escritora galega

Oruña –inda que resalta “Edad prohibida” de Torcuato Luca de Tena e “Cousas” de Castelao ademais do universo actual de Ledicia Costas– explica que “coa idade de nove ou dez anos, o primeiro libro co que alucinei foi con esta obra de Monteilhet. Foi o primeiro libro co que me partín de risa a gargalladas. Merqueino de adulta para que o tivera meu fillo e xa vai pola edición 47. Agora, ó lelo de maior vinlle unha capa que non observara de pequena, non o vexo tanto de rir senón que amosa unha forma de vivir nunha época criticándoa porque era finais do século pasado en Escocia, falaba da burguesía e dun rapaz que traballaba como fantasma nun castelo para sobrevivir”.

Pola súa parte, Pedro Feijoo recoñece “que paseino tan ben lendo ‘De profesión, fantasma’. Gustoume a historia dun neno que marcha da casa e acaba traballando nun castelo que cría abandonado convertíndose na pantasma oficial do castelo”.

“Igual estou reescribiendo unha e outra vez ‘De profesión, fantasma’”

Pedro Feijoo - Escritor de thriller

decoration

Pedro Feijoo, escritor de thriller.

Feijoo ofrece unha reflexión que pode interesar ós seus fans: “Ese libro facía rir. Resultábame moi entretido, que é o que eu busco cando conto unha historia, pero tamén tiña momentos de intriga e de susto... Igual o estou reescribindo de adulto unha e outra vez!”.

O escritor –que confesa sentirse “atrapado” agora mesmo pola imposibilidade de vir a Galicia para falar con xente e visitar espazos para o novo libro que xa ten en mente, lembra tamén “Fray Perico y su borrico” , pertencente asemade á mítica colección Barco de Vapor.

Tamén travesuras e aventuras doutro neno, en concreto de Guillermo Brown (William Brown), eran as máis queridas cando Abel Caballero, alcalde de Vigo, era neno. “La escritora Richmal Crompton escribió –detalla– unos doce o catorce libros de William Brown. Yo los leía cuando tenía unos doce años y Guillermo era mi héroe porque hacía cosas maravillosas. Era un niño de clase media británica que siempre organizaba un montón de líos en su entorno. Estaba lleno de aventuras cotidianas. Era una literatura entretenidísima y de alto nivel. Me los leí todos”, recorda.

Abel Caballero, alcalde de Vigo

Tanto lle impactou que cando de adulto viaxou a Cambridge estudar atopou nas librarías os escritos sobre Willy Brown. Caballero lamenta que non garda con el eses libros da nenez. Non obstante, lembra que cando estudaba en Inglaterra mercou algún para le-la versión en inglés. “Era maravilloso pero ni siquiera esos guardo. Supongo que estarán en casa de mis padres”, apunta.

Non obstante, o rexidor olívico non pode esquece-lo tebeo d´ “O capitán trueno” e o seu gusto polos libros de vaqueiros, en especial os escritos por Marcial Lafuente Estefanía, quen viviu en Vigo. “Era nuestro escritor favorito”, lembra o político quen cre que a capacidade intelectual dunha persoa vai depender das lecturas que faga de neno.

No caso de Carmela Silva, a presidenta da Deputación, destaca toda a colección de Os cinco de Enid Blyton. “Linos todos cando era unha nena. Pero se teño que dar un título son ‘Los cinco en la isla de Kirring’. Comprar libros naquel momento non era fácil así que o que faciamos era mercar algún para emprestárnolo. Eu era unha gran lectora. Lía todo o que aparecía ante min, incluso libros de adultos ás agochadas de meus pais”, comparte Silva.

“Gustábanme ‘Os Cinco’ porque estaban cheos de misterio e sempre vivían aventuras”

Carmela Silva - Presidenta da Deputación

decoration

Carmela Silva - Presidenta da Deputación

A política galega recorda que o seu personaxe principal era Jorge, “quen realmente era Georgina, que se vestía como un rapaz e era moi aventureira. Estaban cheos de misterio tódolos libros, sempre vivindo aventuras. Pescudaban sobre algo que acontecera. Todo iso os facía moi atractivos e eu teño a impresión de que como naquel tempo viviamos nun mundo non moi igualitario eses libros quizais dábannos azos de liberdade. Non o sentía así naquel momento pero é a visión que teño agora”.

Tamén unha serie de aventuras de nenos fascinaba de pequeno ó xuíz e escritor José Antonio Vázquez Taín. Tratábase d´ “Os Hollyster” de Jerry West. “Eu era un rara avis. Meu pai era mestre e tiña unha gran biblioteca. Dende pequeno a ler tódolos clásicos mesmo a Galdós. Sen embargo, cos que desfrutaba dende novo era cos libros dos Hollyster. Eu lin a Gabriel García Márquez moi cedo pero os libros dos Hollyster eran como videoxogos e gustábanme moitísimo. Ademais merqueillos ó meu fillo”, conclúe.

Dous nenos de Infantil antea súa biblioteca persoal. Rafa Estévez

Interpretar un personaxe dun libro infantil galego ten premio

Dar vida durante un minutiño a un personaxe da literatura galega poder ter premio. A Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX) está a ofrece-lo concurso “Eu son...!” con motivo do Día Internacional do Libro Infantil. Poden participar nenas e nenos de seis a 14 anos de idade a partir de primeiro de Primaria. O que teñen que facer é gravar un vídeo de menos dun minuto caracterizados como o seu personaxe preferido dun libro galego. Despois, deben subilo a TikTok (en_galix), ou ó Instagram (@somosgalix) ou tamén ó Twitter (@GALiX_). Iso si, para poder visualiza-lo vídeo e ser valorado polo xurado terá que levar os seguintes cancelos: #DILIGALIX2021 ou #GALIX. Tamén terá que incluí-lo cancelo da categoría. #EUSONINICIAL (de 1º, 2º e 3º de Primaria); #EUSONAVANZADO (4º, 5º e 6º de Primaria) e #EUSONSUPER (1º e 2º de Secundaria). As bases figuran en http://www.galix.org/2021/03/eu-son-concurso-de-galix-polo-dia.html.

Compartir el artículo

stats