Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

A poesía galega que salta valados

A lírica do país fai historia neste ano con dous premios nacionais españois, unha nominación á mellor tradución poética en Estados Unidos e o premio Estandarte a mellor libro de poesía

Selección dalgunhas obras destacadas da paoesía galega dos últimos anos M.M

Este ano do infame coronavirus foi o mellor dos últimos tempos para a poesía en Galicia en canto éxitos alén das fronteiras. 2020 empezou cunha excelente nova: a poeta canadiana Erín Moure –de ascendencia galega– convertíase en finalista do Best Translated Books Awards (Premio ós Mellores Libros Traducidos) pola tradución do galego ó inglés do “Camuflaxe” da galega Lupe Gómez editado por Chan da Pólvora na lingua de noso.

 A versión para o mercado anglosaxón editouna Circumference Books no 2019 e webs como a da Poetry Society of America adicaron informacións ó libro louvando versos como “With my love I make you a forest/ I learn to listen to clouds, to till the earth, and to read heaven/ in your lap”.

 O tándem Moure-Gómez non acadou o prezado galardón da Universidade de Rochester (dotado con 10.000 dólares) que recaeu en “Time” en francés e da libanesa Etel Adnan e a súa tradutora, Sarah Riggs; pero acadou un fito.

Dende Canadá, a poeta e tradutora que protagonizara o documental “Contrafaces” de Fon Cortizo, explicou que ó le-lo libro de Lupe, “decidín traducir uns poemas cada día para divertirme antes de traballar… fíxéronme pensar na miña nai, e na ruralidade en Alberta en Canadá”.

Cando a nova editorial Circumference Books lle pediu “un manuscrito para o seu primeiro libro, nese momento, o único traducido que tiña era Camuflaxe. Puro azar! Eles adoraron o libro e fixeron un deseño incríbel”.

Con el, Moure –que escribiu en “Teatriños” (Galaxia) “Na cebola, hai/ algo de lume. Ese lume que se chama/ Néboa. A cebola é a maneira/ que ten a néboa de entrar na terra”– recibiu a súa terceira nominación ó premio Best Translated Book Award, “un honor”, subliña unha muller para quen é “un pracer facer coñece-la poesía galega noutros países” .

Ata hoxe, leva traducidos cinco poemarios e un ensaio de Chus Pato, obras de Rosalía de Castro e Novoneyra, así como revisións duns poemas de Gonzalo Hermo para un festival de Poesía de Otawa.

“Camuflaxe” de Lupe Gómez optou a mellor tradución do ano en Estados Unidos. En España, no outono, Olga Novo facíase co Nacional de Poesía mentres Alba Cid gañaba o Nacional de Poesía Joven. Neste Nadal, o Estandarte a mellor libro de poesía foi para Yolanda Castaño.

Se a noticia sobre o libro “Camouflage” acendeu unha nova luz sobre a poesía galega cara o exterior, tamén contribuíron a fortalece-lo alumeado este ano o Premio Nacional de Poesía de Olga Nova co seu “Feliz idade” (Kalandraka) e o nacional de Poesía Joven de Alba Cid con “Atlas” (Galaxia).

No 2015, xa Gonzalo Hermo conseguira ese mesmo galardón con “Celebración” (Apiario). O poeta apunta que “dende 1975 ata aquí, a poesía galega ten moitísima calidade. O que mudou agora foi a percepción e o recoñecemento que se ten fóra de Galicia. Os premios nacionais así o demostran. O que é importante é que ten repercusión fóra pero tamén dentro porque para gran parte do público galego isto é descoñecido”.

No salto dos valados tanto internos como foráneos, a tradución é a catapulta. Hermo –que está traducido ó castelán, catalán e mesmo ten antoloxías da súa obra en inglés– opina que “estar traducido ó inglés é básico porque se non non hai maneira de chegar ós festivais internacionais” onde “a poesía galega está cada vez máis presente”.

Gonzalo Hermo Foto cedida por G.H

O creador de “Celebración” onde escribiu versos como “Na memoria dos avós non hai insectos/ só esta liña de frío que o varre todo/ Ti tamén o sabes” subliña que “a poesía galega ten a suficiente ambición estética para saír fóra. Está enraizada no territorio pero fala para o mundo e a ponte para chegar a ese mundo é a tradución”. Esta reflexión realízaa como tradutor, xa que el foi o encargado de verquer ó español os poemas de Chus Pato ou Pilar Pallarés en “Tempo fósil” (Premio Nacional de Poesía no 2019) onde traduciu “¿Qué haces tú ahora?/¿La sombra de otra casa que sostenga la casa?”.

“Do mellor deste país”

Nesta altura, cabe preguntar que opinan da poesía galega no sistema literario español. Dende Segovia, Carlos Rod, editor de La Uña Rota, que ten publicado en edición bilingüe castelán-galego “Pornografía” de Lupe Gómez e “CO CO CO U” de Luz Pichel, responde que “siendo breves y contundentes (la poesía gallega presenta) una vitalidad envidiable. En su conjunto, no sólo hablamos de los jóvenes, y bajo nuestro punto de vista, la poesía gallega es de lo mejor que se escribe en nuestro país”.

Na Universidade de Kiel, no norte de Alemania e xunto ó mar Báltico, o responsable do Centro de Estudos Galegos, o profesor coruñés Javier Gómez Montero, traballa no proxecto dunha antoloxía de seis poetas galegas, todas mulleres, levadas á lingua xermana.

“Dende os anos 80, houbo unha eclosión da cultura galega. Unha xeración despois está gañando moita visibilidade. O máis espectacular desta dinámica de progresiva repercusión exterior foi a explosión nos últimos anos do cinema e da poesía escrita por mulleres. Impacta en España, pero tamén en Europa e América”, explica Gómez Montero.

O profesor universitario subliña que chama a atención “a súa escrita de vangarda, o sensacional nivel intelectual, lingüístico e poético”.

Pero por que gusta a poesía galega fóra? Montero aporta unha luz: “Este mundo contemporáneo, moderno e urbano é consciente de que perdeu o seu enraizamento na comunidade, na memoria e na linguaxe. Pero as escritoras galegas teñen todavía unha conciencia da orixe moi marcada porque o viviron na súa casa, nas zonas rurales de onde veñen ou de quedaron os seus avós. Hai como unha especie de conciencia da orixe perdida pola modernidade pero nos seus poemas aparece como algo vivido. Fóra, e falo dende onde estou, Alemania, hai un desexo de enraizamento para manexar mellor as fracturas que determinan a nosa identidade ou o día a día. De súpeto, a xente vé neses poemarios un universo recuperado”.

Montero engade que “é unha poesía crible, espontánea como se poder ler en Pilar Pallarés” pero sempre xunto á vangarda.

De aí que prepare unha antoloxía de poetas galegas cuxa obra rode no eixo natureza-territorio e identidade. A súa arela é publicala no 2021. Os traballos xa comezaron con seis tradutores que manexan galego e alemán e que xa traballaron en persoa coas poetas, entre as que se atopan Luz Pozo, Pilar Pallarés, Chus Pato ou Dores Tembrás.

Esta última –que escribiu “eu agora/que me sinto herdeira/ do teu matriarcado anónimo/ que me recoñezo no paso áxil/ nas mans cruzadas/ na coviña da meixela/ todo deixado por ti/ coma ecuación que me proxecta”– resalta que “é unha alegría ser traducida a calquera lingua; supón achega-la obra e unha cultura a outra lingua, a outros lectores. As traducións parécenme un movemento moi poderoso ó tempo que moi difícil”.

Tan complicado é que “hai momentos no traballo da tradución –aclara– no que se constrúe outra versión do poema en alemán. A min, emocionoume, mesmo os gravei e algún dos poemas que falaba da miña avoa mandeillo a meu pai”.

Hermo, pola súa banda, engade que “nunha tradución sempre hai algo que se gaña e algo que se perde. Hai que asumilo. Coa actitude purista acabamos pechándonos en nós mesmos e non sendo traducidos. Esa é a actitude máis perigosa de todas”.

Pero ademais de perigo, a tradución tamén ofrece maxia. “De pronto, ser traducida ó bosnio, eslovenio... é unha pasada”, lembra a poeta Dores Tembrás que participou no Obradoiro de Tradución Poética de San Simón que organiza Yolanda Castaño cuxo traballo se publicou no libro ‘Cartografías subterráneas’.

Para Castaño, “estamos constando que os estándares da poesía galego estaban sendo chamativamente altos neste occidente europeo en canto á ambición creativa dos textos, á diversidade, á capacidade de risco e o non sometimento a directrices alleas que nos convertiran nunha literatura subalterna. A poesía galega é unha poesía con carácter propio. Só faltaba un maior recoñecemento exterior; agora chegan pero fanno máis tarde do que deberán. O actual desembarco da poesía escrita en clave feminima e de xénero que acontece dende hai tres ou cinco anos na poesía española, xa o facían as poetas galegas hai 20 anos. Non é unha poesía que vaia a remolque senón que está na vangarda”. De feito Castaño sitúa a poesía da galega Chus pato “na vangarda da poesía europea”.

 

Para a autora de “O libro da egoísta” (“O QUE INTERESA son os meus pasos/ Coma un bosque de símbolos do que amiña ignorancia é significativa”) ou “Vivimos no ciclo das Erofanías” o peche da poesía galega no seu perímetro “ten que ver co apoio institucional, cos circuitos de intercambio, o mercado e a proxección exterior que precisa dun impulso institucional e político que non dá chegado”. Ese apoio podería pasar por unha política de apoio á tradución de obras máis efectiva que a que se ten actualmente, opina.

Castaño lamenta que “batemos contra o muro dos agravios comparativos” en comparación con outros territorios “con máis autoestima, con posicionamento exterior dos seus produtos culturais. Aquí temos o contrario: a Rafa Nadal xogando no pobo sen mandalo a competicións. Para que, se pode xoghar no campo da casa?”.

A poeta recoñece que ela “non é o peor exemplo de posicionametno estatal. Son unha autora que teño practicamente tódolos meus libros de poesía en edicións bilingües para o resto de España e Latinoamérica”.

De feito, gañou este Nadal o premio Estandarte 2000 no mellor libro de poesía do ano con “Un cobertizo lleno de significados sospechosos” (Milenio), unha antoloxía bilingüe galego-castelán. Para ela, a tradución “é un pilar básico na internacionalización da literatura”

Para a autora coruñesa, “estamos constatando –apunta– que os estándares da poesía galego estaban sendo chamativamente altos neste occidente europeo en canto á ambición creativa dos textos, á diversidade, á capacidade de risco e o non sometimento a directrices alleas que nos convertiran nunha literatura subalterna. A poesía galega é unha poesía con carácter propio. Só faltaba un maior recoñecemento exterior; agora chegan pero fanno máis tarde do que deberán. O actual desembarco da poesía escrita en clave feminina e de xénero que acontece dende hai tres ou cinco anos na poesía española, xa o facían as poetas galegas hai 20 anos. Non é unha poesía que vaia a remolque senón que está na vangarda”. De feito Castaño sitúa a poesía da galega Chus Pato “na vangarda da poesía europea”.

Pato coincide en que a poesía galega “é dunha enorme calidade e dunha diversidade extraordinaria que consideraría de nivel internacional. Sen embargo, na recepción galega e exterior, esta poesía está moi pouca valorada”.

  • Olga Novo: “Los estados nos inoculan el virus de la desmemoria para oprimirnos”

    "Ver a mi padre perder el ejercicio de la palabra fue demoledor, una experiencia brutal"

“Dise que Galicia é terra de poetas pero á hora de visibilizalo non se cumpre. A poesía é cada vez máis invisible porque as grandes editoras non a promocionan como outros xéneros máis fáciles. Hoxe en día hai unha proliferación de pequenas editoras que pulan polo autor e polo libro inda que a promoción exterior da poesía galega é moi precaria”, sinala a autora que en “Carne de leviatán” deixou escrito “na lingua das bestas/señor/ nesa lingua/ escribo”.

Con respecto ós premios nacionais acadados este ano e o anterior, Chus Pato explica que “esta racha comezou coa concesión do Premio Nacional Miguel Hernández a Gonzalo Hermo, premio que recaeu este ano no poemario extraordinario “Atlas” de Alba Cid e os Premio Nacional de Poesía a Olga Novo e Pilar Pallarés. Os xurados son bastante azarosos pero dáse a circunstancia que as persoas que enviou a Real Academia Galega para o xurado dos premios fixeron o seu traballo e tiveron sorte porque outros anos as persoas que foron da RAG fixeron o traballo pero non tiveron fortuna”.

  • “Todas las personas que escribimos buscamos el límite del lenguaje”

    “Me preocupa que cosas que antes podíamos tocar o sentir ahora estén vedadas”, lamenta la filóloga y escritora gallega

Ademais, o feito de que Pallarés gañara deulle boleto para formar parte do xurado do Premio Nacional de Poesía deste ano, segundo detalla Pato quen engade que “eran dous votos galegos co que se dobrou a presenza galega, ó igual que se vai dobrar para o ano que vén. Iso é positivo”.

Pero esta aritmética por si soa non tería que obter resultados se non fora polo apoio e comprensión cara a literatura das linguas cooficiais por parte de “Olvido García Valdés quen collera a Dirección General del Libro, que é a que se encarga de organizar estes premios”, explica Pato. A poeta sinala que dende entón “os representantes do Estado español teñen unha postura” de maior consideración polas literaturas catalá ou galega, entre otras.

Chus Pato que é a autora de poesía galega contemporánea máis traducida (ten poemarios seus en inglés, búlgaro ou holandés) ten unha visión crítica da situación: “É un mundo moi complexo, que non nos vendan a moto. Unha cousa é que che traduzan un libro e outra entrar no sistema literario anglosaxón, por exemplo, que é pechadísimo. Para entrar nun sistema literario necesitas ser moi bo, ter un gran tradutor, que este che promocione”.

Chus Pato Andrea Costas

A autora e profesora ourensana afincada no Deza ofrece a comparación coa Premio Nobel de Poesía Louise Glück: “Non é o mesmo que a editara Pretextos (unha pequena editorial) que Visor (unha maior e que adquiriu agora os dereitos para as súas traducións ó castelán). Con Visor, tes máis visibilidade ca se publicas en Pretextos. Eu teño cinco libros traducidos ó inglés; para unha poeta galega é unha barbaridade, algo impensable; ademáis estiven en Harvard recitando, que é algo enorme. Pero teño visibilidade cos meus libros no mundo anglosaxón, en Gran Bretaña, Canadá e Estados Unidos? Esa é unha gota que caeu por alí”.

Non obstante, Pato recoñece a importancia do seu logro mailo de Yolanda Castaño. “Somos as dúas poetas galegas con máis visibilidade polo mundo. Yolanda, non hai festival de poesía no mundo que non pisara ela; eu tamén visitei algún pero en menor medida porque ata agora traballaba, se ben acabo de xubilarme, e non podía andar por aí. Por exemplo, agora acabo de recibir a invitación para abrir o festival de Berlín. Agora ben, ou tes un apoio estatal detrás ou do Goberno autonómico, ou hai unha aposta decidida ou non facemos nada. Lembremos que na Feira de Francfort, Olvido Valdés fixo unha aposta para que estiveran representadas as linguas do Estado, de feito alí estiveron María do Cebreiro e Antón Reixa. Aí si podes facer negocios”, explica a creadora.

Pie de foto para la fotografía de Faro. | // FDV

Compartir el artículo

stats