Supermercados Gadis agasalla libro polas Letras Galegas

Redacción

Supermercados Gadis participa un ano máis na homenaxe do Día das Letras Galegas así como impulsando a edición de libros en lingua galega. Mañá sábado, 31 de outubro, regalará en tódolos seus supermercados “Brian, o chinés”. En total, repartirá 30.000 exemplares dunha obra que asina David Daniel Vázquez Álvarez con ilustracións de Andrés Meixide. Entregaranse ata remata-las existencias.

Trátase, informa Gadis, dun relato propio, en primeira persoa, dun mozo con Síndrome de Down a piques de alcanzar a maioría de idade. Trátase dun diario cargado de humor e frescura, que narra dunha forma dinámica situacións da vida cotiá do protagonista desde a súa infancia.

O apoio á cultura que realiza a marca non só se circunscribe ós libros, tamén patrocina o programa Cultura no camiño, brinda a súa cooperación con festivales como Curtocircuito, OUFF e (S8) así como cos Premios Mestre Mateo, entre outras múltiples iniciativas culturais no país galego.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents