Historias para grandes e pequenos

Historias para grandes e pequenos

Historias para grandes e pequenos

Historias para grandes e pequenos

Historias para grandes e pequenos

Historias para grandes e pequenos

Historias para grandes e pequenos

Historias para grandes e pequenos | Se pensamos na caída da folla e o asado de castañas ou se xa poñemos unha parte do miolo no nadal, as editoriais galegas apuran as súas novidades. Entre estas últimas horas de outubro e todo novembro, as firmas sacarán do prelo o último de referentes como Suso de Toro, Manuel Rivas, Ledicia Costas, Rexina Vega ou Berta Dávila, entre outros moitos. Tamén haberá versións en galego de clásicos de Kerouac, Gianni Rodari ou dos clásicos Astérix e Obélix.

Laxeiro, para pensar no Nadal que xa chega | Nova Galicia Edicións amosa na súa web “Laxeiro. Catálogo Universal”, con tres volumes e un DVD que amosa 3.581 pezas do pintor galego.

Na loita da humanidade contra a pandemia, os libros están a servir de fuxida, menciña ou lección para lembrar ou entender. Neste outono de incertidume vital, as editoriais galegas volven ser fieis ós seus principios para achegar novidades literarias ás librarías ou ós seus andeis virtuais. Unha desas obras que promete remover o interior é “Un señor elegante”, a nova novela de Suso de Toro que se poderá mercar a partir do vindeiro 12 de novembro.

O libro –escrito tras unha pesquisa exhaustiva de De Toro– amosa a figura dun home incógnita dunha familia chamada Baltar, un clan que en distintos momentos históricos protexou a Rosalía de Castro, Murguía, a familia Castelao ou a Dieste.

Sinalan dende Xerais, editora desta novela de investigación (que se publicará en castelán e catalán en febreiro), que se trata dunha “memorable novela de non ficción que demostra que existiu unha outra Galicia vital, alegre e afirmativa, moi distinta da que nos contaron”.

Outra novidade destacada vén tamén con Xerais asinada por Manuel Rivas, “Zona a defender” , un ensaio que recolle a chamada de alerta para espertar as conciencias no feminismo, na defensa da natureza, contra o dogmatismo e a favor da imaxinación.

Sen embargo, da man de Galaxia e coa asinatura de Rivas, regresa un libro que marcou un fito na literatura galega contemporánea: “Que me queres, amor?”. Cúmprense os 25 anos desta obra e a editorial retómaa cunha edición especial ilustrada por Diego Estebo.

Para os amantes do thriller, Xerais sacou recentemente “Granito”, de Álex Alonso (Premio Torrente Balleter de narrativa), onde ofrece un regreso ó crime que aconteceu no ano 1994 en Nigrán no que dous policías asasinaron unha rica familia; pero tamén “Os incurábeis”, de Antonio Tizón, que fala do caso do asasinato dunha prostituta no barrio coruñés dos Castros coa marca dos cairos na gorxa.

Outro libro agardado para este outono é “O estado intermedio” (Galaxia) da viguesa Rexina Vega (quen recibira o Premio Xerais con “Cardume”). Nesta historia, unha filla trata de facer desaparecer toda a información familiar para supera-los seus traumas mentres a alma de seu pai inicia a súa viaxe ós infernos loitando contra a súa memoria.

Galaxia tamén vén de publica-lo novo libro doutra autora xa referenza nas letras galegas: Berta Dávila, que leva un ano colleitando satisfaccións coa súa obra “Carrusel”. Agora, saca do prelo “Illa decepción”, a obra coa que se fixo co Premio Repsol 2020. Nela, preséntanos a unha muller que retorna ó apartamento onde viviu coa súa familia na infancia, desexo que lle nace durante o confinamento co seu fillo.

Dende Kalandraka, tamén propoñen recuperar dous clásicos da narrativa para adultos. Por unha banda, publican en galego “Na Estrada”, de Jack Kerouac, con tradución realizada por Xesús Fraga. Por outro lado, ofrecen “Breve historia da escravitude”, do historiador James Walvin. Esta obra, traducida neste caso por Carlos Acevedo, estaba inédita en España.

Tamén co obxectivo na reflexión sitúa Laiovento dúas das súas novidades para este outono. Trátase de “Socialismo en Europa 2020”, de Xabier Pérez Davila e “O atraso económico da Galiza”, de Xosé Manuel Beiras, na súa cuarta edición que inclúe notas aclaratorias a este clásico. Pola súa parte, a obra de Pérez Davila revisa como o neoliberalismo acabou coa esperanza o día no que Salvador Allende e o seu programa morreron e o ano no que a URSS se desintegrou.

Pola súa banda, Alvarellos editora publicou hai unhas semanas “Federico Lorca en Santiago de Compostela” de Henrique Alvarellos. Neste libro relata como o excepcional poeta coñeceu Compostela por primeira vez nunha viaxe de estudos para quedar “hipnotizado” por ela. Tras esa ocasión, voltaría á vila tres veces máis. De feito, foi nela onde escribiu os seus poemas galegos. A obra ofrece unha ruta por 14 lugares imprescindibles na biografía de Lorca en Santiago.

Se pensamos na caída da folla e o asado de castañas ou se xa poñemos unha parte do miolo no nadal, as editoriais galegas apuran as súas novidades. Entre estas últimas horas de outubro e todo novembro, as firmas sacarán do prelo o último de referentes como Suso de Toro, Manuel Rivas, Ledicia Costas, Rexina Vega ou Berta Dávila, entre outros moitos. Tamén haberá versións en galego de clásicos de Kerouac, Gianni Rodari ou dos clásicos Astérix e Obélix.

‘Gominolas’ de letras e debuxos para os máis novos

Ledicia Costas regresa en novembro con “A señorita Bubble baixo cero” pensando no nadal. De feito, inicia unha nova vida en Rovaniemi, en Laponia onde comeza unha aventura na loita contra o lado escuro que cruzou Papá Noel. Estes días, está a chegar ás librarías da man de Kalandraka “Gelsomino no país dos mentiráns” de Gianni Rodari e ilustrado por Pablo Otero. Rodari, o autor, “referente na literatura infantil, na educación e pedagoxía” como destacan dende a editorial pontevedresa, Pola súa parte, Xerais tamén edita o vindeiro mes “A lavandeira de San Simón”, un álbum ilustrado de Eva Mejuto e Bea Gregores no que percorren a historia da illa na Guerra Civil e de como mulleres e crianzas loitaron por un mundo mellor. A obra que si se pode mercar xa é “O menhir de Ouro”. Ofrécese en papel pero tamén hai un audiolibro coas aventuras de Obélix. A este último, pódese chegar a través do código QR nas páxinas. Pola súa parte, Galaxia publica “Acouga, Babau”, de R.J. Peralta e Blanca Millán. Este álbum infantil preséntanos o segredo do seu protagonista para supera-lo aburrimento na casa: un especial amigo. Miro Villar ofrécenos tamén en Galaxia “O nariz de fiz” (para lectores ata os 10 anos). Para os pequenos amantes da música, Kalandraka presenta “O Bolero de Ravel” de José Antonio Abad. Este libro musical posúe unha particularidade: presenta uns códigos QR que permiten acceder a vídeos de importantes orquestras como a Sinfónica de Galicia que aparece interpretando esta composición. Ademais, a obra tamén presenta ilustracións de Federico Delicado. Este autor decidiu que os protagonistas debían ser animais en perigo de extinción con cara e postura humana e que tocan instrumentos. Por último, tamén en Kalandraka vén de saír “El principe azul-La princesa rosa” de Riccardo Francaviglia e Margherita Sgarlata, finalistas do Premio Silent Book, no que buscan romper estereotipos e mitos.