O libro “Carvalho Calero sen fronteiras”, unha obra na que se homenaxea e reivindica a figura do laureado este ano co Día das Letras Galegas foi presentado onte en Vigo nun acto organizado polo departamento de Lingua da Deputación de Pontevedra.

No evento, participaron o autor da obra, Aser Álvarez, e o músico Moisés Quintas. Ademais, contaron coa presenza da presidenta da Deputación Carmela Silva e da deputada de Lingua María Ortega, promotora do evento.

Por outra parte, a Real Academia Galega celebrará o sábado 31 de outubro o Día das Letras Galegas de Ricardo Carvalho Calero (1910-1990) en Ferrol, cadrando coa celebración do 110 aniversario do seu nacemento nesta cidade. O pleno extraordinario da institución terá lugar dende as12.30 horas no teatro Jofre. Este é o acto que se adiara o 17 de maio pola pandemia.