Foron moitos os colexios que enviaron os seus vídeos neste tempo de confinamento para as actividades de Faro da Escola. Entre eles o CEIP Eduardo Pondal, cun documento audiovisual (música de Guadi Galego) con mensaxes de ánimo elaborado polos profesores con frases típicas e expresións galegas.