O Seminario de Lexicografía da Real Academia Galega (RAG) acordou na súa última reunión, celebrada telemáticamente, incorporar ao dicionario varios dos termos utilizados con motivo da crise sanitaria. Deste xeito, súmanse ó vocabulario palabras como "covid-19", "coronavirus", "teletraballo" , "desconfinamento" ou "desescalada", ás que se unen outras de "uso crecente en plena pandemia".

Así o informou a RAG nun comunicado emitido onte, no que explica que estes termos "son visibles" desde a mañá deste venres na edición en liña desta ferramenta da lingua galega. Asimesmo, subliñou que desde o comezo do confinamento o pasado 15 de marzo provocado pola declaración do estado de alarma, o Dicionario da RAG alcanzou "o maior volume de consultas da súa historia".

En concreto, a institución académica da lingua galega indicou que terminou o mes de marzo cunha media de 113.000 procuras diarias que en abril chegaron ás 133.000 --case catro millóns en total--, segundo matiza, o que significa un 82 por cento por encima das rexistradas no mesmo período do ano anterior.

"A crise sanitaria tamén deixou pegada entre os termos máis buscados", indicou a RAG no mesmo comunicado. , Apuntou tamén que xunto a termos como "só", "máis", "fóra" ou "botar", nas últimas semanas aumentaron as procuras entre os usiarios de palabras como "corentena", "confinamento", "máscara" e tamén "pandemia".

Deste xeito, e ante o volume de consultas e a necesidade de dar resposta a esta demanda detectada na rede, a RAG decidiu incluir estes termos do dicionario. Entre as novas voces incorporadas figuran outros termos do medicamento relacionados coa pandemia como os substantivos femininos "sepse" e "sepsia", así como "asintomático", "asintomática", como o antónimo de "sintomático".

De igual maneira, xunto á palabra "webinario", o Seminario de Lexicografía da instituación académica acordou engadir o fraseologismo "seminario web" como alternativa válida na entrada de "seminario".

Así, e segundo resaltou a RAF, o dicionario "enriquécese tamén" comáis palabras como "desconfinamento" e "desescalada". Explica que están, formadas cun prefixo (des-) a partir de palabras que xa figuraban incluídas entre o volcabuliario. Tamén incorpora os temos "infodemia" e "resiliente", e introduce as acepcións de "resiliencia" relativas á capacidade de adaptación a situacións adversas.