Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

O polígrafo da canonización da historia da literatura galega

Representa unha figura transcendental na evolución da creación, a expresión literaria e a causa do idioma

Ricardo Carvalho Calero (1910-1990) representa unha figura transcendental na evolución da creación, a expresión literaria e a causa do idioma e un referente incuestionable que logrou a canonización da historia da literatura galega alí onde outros fracasaron. O filólogo e escritor ferrolán estudou Dereito e Filosofía e Letra en Santiago, onde se penetrou tanto no galeguismo cos movementos culturais da época, como o Seminario de Estudos Galegos, e que lle levou a exercer unha activa militancia nacionalista no Partido Galeguista. Colaborou, ademais, con numerosas publicacións, como "A Nosa Terra".

O presidente da RAG, Víctor Freixanes, destacou a Carvalho Calero como un home "entregado a unha causa, a causa da lingua e a cultura", que contribuíu cunha obra "xigantesca" e con "lealdade" dun modo extraordinario. "Constrúe un universo por primeira vez, un sistema documentado", en alusión á historia da literatura galega, ademais de tratarse dun poeta "intenso e esixente". "Percorre todo o século, como o cometa Halley", afirmou.

O académico Henrique Monteagudo destacou a sua traxectoria, sobre todo "nas décadas centrais do século XX", e que foi un "defensor da República" que axudou a "rescatar o galeguismo" cando arrincaron os primeiros intentos de resistencia cultural trala Guerra Civil. "El estaba alí", insistiu, sobre todo na Editorial Galaxia, entidade coa que colaborou "estreitamente".

Tralo golpe militar, entrou en combate como miliciano do bando constitucional e republicano, e posteriormente foi condenado por separatista e encarcerado. En 1941 saíu de prisión, entregouse ao ensino privado en Lugo e reencontrouse cos galeguistas que permaneceron en Galicia.

Foi membro da RAG desde o 58, exerceu un destacado traballo investigador coa súa tese "Achegas á literatura galega contemporánea" e que desembocou na publicación da "Historia da literatura galega contemporánea" (1963). Segundo o académico Xosé Luís Axeitos, foi un home con tal capacidade de servizo á sociedade" que chegou a impulsar unha Gramática galega, que foi "fundamental" para a textualización da cultura.

Compartir el artículo

stats