09 de mayo de 2020
09.05.2020
Faro de Vigo
Galicia:
Casos (total):
  9.983
Fallecidos:
 592
Recuperados:
 7.225
España
Casos (total):
 223.578
Fallecidos:
  26.478
Recuperados:
  133.952
Actualizado: 09-05-20 16:10h

Expertos mundiais en Covid-19 participan nun cumio que conecta Galicia con Silicon Valley

Afundación programa varias charlas online que poden seguir dende a casa previa inscrición

09.05.2020 | 21:25
Expertos mundiais en Covid-19 participan nun cumio que conecta Galicia con Silicon Valley

Coñece-la opinión de diversos expertos mundiais sobre os distintos escenarios do Covid-19 será posible a partir deste luns 11 de maio e sen saír da casa. Afundación ofrece a posibilidade de segui-las charlas de gurúes internacionais de xeito libre e gratuíto intercontectando así Galicia con Silicon Valey. Só haberá que preinscribirse neste enlace.

A "COVID-19 Virtual Summit" está impulsada polo IESIDE que é socio estratéxido da Singularity University. Esta comunidade de aprendizaxe e innovación global foi fundada en 2008, da man de Google e da NASA, polo doutor
Ray Kurzweil.

Afundación amosará as ponencias deste cumio virtual dentro do programa "IESIDE sin Muros". As conferencias serán retransmitaidas dende o luns día 11 ata o xoves 21 de maio.

Na primeira xornada, falará a doutora Divya Chander, da Universidade de Harvard que parolará baixo o título de "Todo o que necesitas saber sobre a Covid-19, a monitorización das epidemias e as estratexias do desenvolvemento de vacinas".

Ese mesmo día, tamén participará o doutor David Bray para falar das perspectivas tras actuar contra os brotes como o SARS, a variola símica e a gripe.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

LA MEJOR INFORMACIÓN, CERCA DE TI


FARO te ofrece un nuevo servicio de pasatiempos y juegos online

Disfruta desde tu ordenador o tu móvil de más de un centenar de retos como crucigramas o sudokus

FaroEduca