Coñece-la opinión de diversos expertos mundiais sobre os distintos escenarios do Covid-19 será posible a partir deste luns 11 de maio e sen saír da casa. Afundación ofrece a posibilidade de segui-las charlas de gurúes internacionais de xeito libre e gratuíto intercontectando así Galicia con Silicon Valey. Só haberá que preinscribirse neste enlace.

A "COVID-19 Virtual Summit" está impulsada polo IESIDE que é socio estratéxido da Singularity University. Esta comunidade de aprendizaxe e innovación global foi fundada en 2008, da man de Google e da NASA, polo doutor

Ray Kurzweil.

Afundación amosará as ponencias deste cumio virtual dentro do programa "IESIDE sin Muros". As conferencias serán retransmitaidas dende o luns día 11 ata o xoves 21 de maio.

Na primeira xornada, falará a doutora Divya Chander, da Universidade de Harvard que parolará baixo o título de "Todo o que necesitas saber sobre a Covid-19, a monitorización das epidemias e as estratexias do desenvolvemento de vacinas".

Ese mesmo día, tamén participará o doutor David Bray para falar das perspectivas tras actuar contra os brotes como o SARS, a variola símica e a gripe.