| "Un bosque viaxeiro que quere quedar onda nós". Este é o título da charla impartida pola investigadora do CSIC Nieves Pilar Vidal González. Neste caso, no CEIP Plurilingüe Paraixal de Vigo. Os máis pequenos puideron coñecer e tocar prantas, así como os seus nomes, a súa procedencia e a súa evolución, nunha aproximación á natureza por parte dunha experta.