O maratón radiofónico que prepara Ponte nas... ondas! para o 27 de marzo vai ser gravado para elaborar un documental. A organización aspira a que a peza documental sexa emitida pola TVG así como pola televisión pública lusa, a RTP.

Precisamente, estas dúas canles máis TVE están pendentes de facer programa na fronteira inda que a resposta final segue no aire.

Santi Veloso, impulsor de Ponte nas... ondas! resaltaba onte que "levamos traballando moitos meses, falando coas escolas e as radios, para organizar todo".

Aproveitou para engadir que "o que motiva ós alumnos e ir facer radio a un estudio profesional ou a un auditorio. Poñerse ante o público a facer radio é motivador para os estudiantes que entrevistarán a persoeiros da música ou literatura".