Os escolares mostraron o seu entusiasmo polos libros de Ledicia Costas, escritora viguesa que forma parte do grupo de sete escritores que este ano participan no proxecto FARO DA ESCOLA, converténdose por un día os alumnos e alumnas en personaxes creados pola autora.

Dende "Escarlatina, a cociñeira defunta" (seleccionado no 2016 para formar parte da Lista de Honra do Ibby no Congreso Internacional celebrado en Auckland, Nova Zelanda) ata o seu libro máis recente para o público máis novo: "Conexión macarrón". Nos últimos días Ledicia Costas, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, visitou o CPR Compañía de María, o CPR Plurilingüe Virxe Milagrosa, o CEIP Montemogos, o CEP Santa Tegra-Teis, o CEIP San Martiño, o CPR Plurilingüe El Castro, o CEIP Valle Inclán e o CEIP de Rubiáns.