| A creatividade de amor en lingua galega leva premio. O concurso "Lingua de namorar", dirixido a mozas e mozos de entre 14 e 35 anos de idade, volve arrancar. Hai que redactar mensaxes de amor en galego dun máximo de 350 caracteres. O prazo acaba o 9 de marzo. Organiza a Dirección Xeral de Xuventude e a Secretaría de Política Lingüística. Haberá premios.