Edicións Xerais de Galicia vén de convoca-los Premios Xerais 2020. Poderán concorrer a el,orixinais en lingua galega nas modalidades de novela, literatura infantil e literatura xuvenil.

Os galardóns cumpren a súa edición número 37 no caso dos Xerais de novela; mentres que o Merlín soprará 35 velas e o Jules Verne de literatura xuvenil as 12. Cada un deles, está dotado cunha contía de 10.000 euros.

O prazo para achega-las obras rematará o día 1 de abril, segundo informa a editorial galega.