Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Vigo acolle os Premios da Cultura Galega: "Referentes de orgullo e inspiración"

Feijóo aposta por unha cultura "sen sectarismos e aberta ao mundo"

"Unha cultura sen sectarismos nin exclusións que reflicte fielmente a maneira de ser dos galegos: un pobo curioso e aberto que ve na cultura propia unha valiosa ponte para amosar o noso ao mundo e para, ao mesmo tempo, aprender e inspirarnos do alleo". Con estas palabras defendeu o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a súa aposta cultural en Vigo. A cidade, testemuña e semente da Movida dos anos 80, foi por primeira vez o escenario da gala de entrega dos Premios da Cultura Galega; precisamente o ano que se rende homenaxe a aquel movemento que cumpre o seu 40 aniversario.

"Lonxe de melancolía, que a Movida viguesa sirva para inspirarnos no particular dinamismo, para seguir buscando novos horizontes", avogou Feijóo no peche do acto, no que avanzou dúas propostas culturais da Xunta para o primeiro semestre de 2020 en Vigo. Unha sede do Centro Galego de Arte Contemporáneo (CGAC) no Casco Vello de Vigo e una rede de locais para asociacións e tecido cultural -en propiedade do Consorcio do Casco Vello que serán cedidos á Xunta- constitúen as novidades para a cidade avanzadas polo presidente galego. "Dúas iniciativas que forman parte dun paquete para impulsar a cultura de Vigo", destacou Feijóo. Por unha banda, o citado proxecto de barrio creativo no ámbito do Casco Vello Alto: "Vai haber unha serie de locais para poñer en marcha unha proposta de espazos para asociacións e entidades destinados a incentivar a actividade cultural", asegurou. E tamén no Casco Vello, "vaise crear unha sede do Centro Galego de Arte Contemporáneo que vai funcionar como un espazo de exposición e creación artística na cidade de Vigo. En concreto, esta sede acollerá exposicións temporais de destacados artistas -nacionais e internacionais- e permitirá a difusión de artistas locais que contarán así cun espazo para a promoción da súa actividade", desgranou Núñez Feijóo.

16

Referentes de orgullo e inspiración

"A cultura sempre é o comezo de algo e a cultura galega sempre é o comezo de algo bo para Galicia, enfatizou durante o seu discurso o presidente, que agradeceu aos premiados: "Todos os pobos precisan referentes dos que sentirse orgullosos e nos que inspirarse". Tamén os destacou "por ser ilustres viaxeiros do extenso e variado camiño que representa a cultura galega".

Pola súa banda o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, encargado de abrir o acto, valorou a Movida . "O Vigo e a Galicia de hoxe son en parte fillos daquel movemento que fixo agromar un novo talento como o dos hoxe premiados", aseverou.

Entre os asistentes ao acto estiveron o vicepresidente do Parlamento, Miguel Santalices; da Xunta, Alfonso Rueda; así como a delegada da Xunta en Vigo, Corina Porro; o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo e o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez. Asistiu tamén o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero e o concelleiro Abel Losada. Do mundo económico, o vicepresidente de la Confederación de Empresarios de Pontevedra, Javier Garrido Valenzuela e das letras, o presidente da Real Academia Galega (RAG), Víctor, Feixanes, entre outros. Os galardóns, que se entregan desde 2010 e por primeira vez en Vigo, constitúen o maior recoñecemento outorgado en Galicia neste eido e buscan poñer en valor o esforzo e o talento creativo de Galicia. En anteriores edicións, os premios homenaxearan as Cantigas de amigo (2018) e a Ribeira sacra (2019).

O actor na que se converteron as máis de dúas horas de acto. Asimesmo, defendeu que a movida "foi un movimento contracultural que se produciu como resultado da crise económica e social daqueles anos; un movemento contestatario... "Vigo é unha cidade rara, pero autora do seu propio destino é autora da súa propia movida.

A gala celebrouse nun repleto teatro Afundación de Vigo, que dispuxo dun photocall á entrada para selfies e lembranzas dos asistentes, que foron recibidos coa banda sonora de Golpes Bajos ou Resentidos. Premiáronse as traxectorias culturais en oito categorías: Xesús Alonso Montero en Letras; Soledad Penalta na de Artes Plásticas, Monicreques de Kukas en artes escénicas;Amancio Prada na de música; a serie "O sabor das margaridas" en audiovisual;Pilar Ponte Patiño na de lingua; a restauración do Pórtico da Gloria en patrimonio cultural e o programa Galego en Londres na de proxección exterior.

Amancio Prada - Modalidade de música

"Eu semento os versos para convertilos en cancións"

Pilar Ponte - Lingua

"O meu soño é que todos os galegos teñan orgullo da súa lingua"

Pórtico da Gloria - Patrimonio cultural

"Este premio é unha dobre honra para a Fundación Barrié"

Soledad Penalta - Artes plásticas

"A cultura é un produto que nos vai aportando melloras"

Xesús Alonso Montero - Letras

"Adico o meu premio a Isaac Díaz Pardo quen nacera hai cen anos"

O Sabor Das Margaridas - Audiovisual

"Esperamos que este bo efecto se traslade da serie ao sector"

Galego En Londres - Mamen Quintas

"Londres está cheo de galegos de inmenso talento"

Monicreques Kukas - Artes escénicas

"Compartimos o premio con todos os colegas do teatro de monicreques"

Compartir el artículo

stats