Televisión de Galicia intentará sorprender hoxe a audiencia e a Luis Zahera, o último actor galego premiado cun Goya, co especial 'Luis Zahera, o home de moda'. Desde os seus comezos televisivos hai case tres décadas ata a actualidade, Zahera non deixa de abraiar coa súa versatilidade e a súa variedade de traballos. Considérase fillo de 'Luar' e de 'Mareas Vivas', pero polo camiño encarnou unha chea de papeis. E é que neste cambio de década tampouco deixou de traballar, fixo de Jocker no especial de Noiteboa da Galega, participou na felicitación de Nadal de Núñez Feijóo, facendo de 'xemelgo' do presidente da Xunta, e mesmo é protagonista dun anuncio dunha firma de moda. O especial conversará con actor nun lugar fundamental na súa carreira: Laxe, o lugar que a serie "Mareas Vivas" converteu en Portozás.